Xuño de 2013
 
 

25/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  SOS SANIDADE PÚBLICA
 

27 de xuño, xornada de loita pola sanidade: a saúde é un dereito, non un negocio!

O vindeiro 27 de xuño, a Plataforma SOS-Sanidade Pública, de defensa e mellora da Sanidade Pública, está a preparar unha xornada de loita que se levará a cabo nas distintas comarcas e áreas por medio das Plataformas locais.

 

  • Noticias relacionadas

 

O eixo desta xornada mobilizadora é o inmediato debate en sede parlamentar do Proxecto de Lei de Garantías, unha lei que, de aprobarse, traerá consecuencias moi negativas para o noso sistema público de saúde, afondando no camiño privatizador que leva este goberno.
 
Esta nova afrenta, sumada ás xa moitas que levamos denunciado (re-pagos de medicamentos, re-pagos de ortopróteses, re-pagos de transporte sanitario, privatizacións de servizos, construción de hospitais co modelo PFI, suspensión dos proxectos de centros de saúde, suspensión do Plan Mellora...), fai que sexa máis importante que nunca a defensa deste servizo básico que se nos está roubando pouco a pouco, para facer del un negocio do que se lucren unhas poucas empresas a costa da nosa saúde e dos nosos cartos.
 
Desde SOS-Sanidade Pública queremos convidar a toda a cidadanía, persoal da sanidade, usuarios/as, xente moza e xente de idade, homes e mulleres, a que se unan á loita por unha Sanidade PÚBLICA, de calidade, que se preste en condicións de universalidade, equidade e gratuidade, sen que cheguemos a unha sanidade para ricos e outra de beneficiencia para quen non poida pagar.
 
A saúde é un dereito, non un negocio!
 
FERROL, MANIFESTACIÓN, DÍA 27, ÁS 19 H. SAÍDA DA PRAZA DE ESPAÑA
 
CORUÑA, DÍA 27, ÁS 20 HORAS NO OBELISCO

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript