Número 193 - 25 de xuño de 2013
 
 

UNIVERSIDADE

Mobilízate contra os recortes

    Nestes días pasados todos os sindicatos de xeito individual e a Xunta de Persoal pronunciámonos ao respecto do recorte económico imposto pola Xunta de Galicia (PP) e pola actitude tomada polos reitores que, aínda manifestándose contrarios á medida, apresúranse en levala á práctica, sen avaliar e aplicar outras alternativas.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    O goberno do estado leva varios días vendendo a nova reforma das administracións públicas, un produto que servirá, unha vez máis, para aforrar diñeiro ao erario público pero que significará un afondamento nas políticas de recortes que levará ao paro a miles de compañeiros e compañeiras e que precarizará, aínda máis, o servizo á cidadanía, todo isto enmascarado cunha propaganda que porá énfase na eliminación de duplicidades e na redución de “chiringuitos”. Este novo ataque fundaméntase no informe da Comisión para a Reforma das Administracións Públicas (CORA). Esta “reforma” recentralizadora vai camiño de ser consensuada co PSOE.

STOP DESAFIUZAMENTOS - OFIMÁTICO, CORUÑA

    Manolo ten 85 anos, e vive co seu fillo na casa que el mesmo fixo coas súas mans. Como outras persoas maiores da veciñanza, cando chegou a especulación pensou que podería seguir vivindo onde sempre. Pero o Plan do Parque Ofimático S-10 foino absorbendo.

A DILAPIDACIÓN

    É a mellor metáfora de “España”: o príncipe Felipe, Mariano Rajoy e a alcaldesa de Alacante, imputada por corrupción, inauguran un AVE que iniciou Zapatero e que custa 11,6 millóns por quilómetro, pero non hai fondos para nenos malnutridos, estudantes sen diñeiro ou toxicómanos sen atención sanitaria.

EFECTOS DA EVASIÓN FISCAL

    Cada cidadán do estado debe pagar anualmente ao Fisco uns 1.910 euros de máis para compensar os impostos que outros contribuíntes deixan de tributar debido á fraude e a evasión fiscal, segundo estimacións dos Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha).

TRANSXÉNICOS

    Soubeches que 800 científicos esixiron que se poña fin á produción de colleitas e produtos transxénicos? Soubeches algo de científicos que piden ás potencias mundiais reavaliar o futuro da agricultura e buscar a sustentabilidade en vez das ganancias corporativas? Non te sorprendas se non o soubeches, xa que os medios masivos non tocan este tema.

SANIDADE PÚBLICA - MADRID

    O xulgado de instucción número 4 de MAdrid decidiu admitir a trámite a querela interposta contra a privatización sanitaria pola asociación de médicos AFEM.

LABORAL

    Á CEOE non lle chegan as reformas laborais nin os recortes de dereitos xa lexislados, quere máis, nestes días pasados, despois da borracheira dun dos seus vicepresidentes que manifestou que os catro días por morte de familiar en primeiro grao eran esaxerados, tocoulle ao máximo representante, o seu presidente a el volveu a vomitar as súas vindeiras reclamacións

O ECOFIN IMPONO A CAMBIO DE FLEXIBILIZACIÓN NO OBXECTIVO DA DÉBEDA

    Os ministros de economía dos vintesete aprobaron dar ao estado español dous anos máis, até o 2016, para situar o déficit por debaixo do 3% do PIB, pero a cambio, esixiron que se aceleren as reformas pendentes (pensións…) e a subida do IVE para algúns produtos. Ao pobo, que nos fodan.

OPINIÓN . Isaac Rosa

    Este ano a canción do verán non se fixo esperar. Xa temos retrouso pegadizo para corear nas próximas semanas en roldas de prensa, cumios, consellos de ministros e universidades de verán. Vinga, todos á pista, cantemos xuntos: "o peor da crise xa pasou, xa pasou, xa pasou... " Só lle falta un bailiño simpático, axitando un pano para dicir adeus á crise e levantando o polgar.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADES
    Este goberno deixará como herdanza un deserto a todos os niveis, político, económico, laboral, social… o martes no senado coñecemos as cifras oficiais que a restrición na política de bolsas levou a cabo o goberno pepeiro polo menos 18.800 alumnos quedaron sen bolsa durante o curso 2012-2013, un número indeterminado de mozos e mozas non puideron estudar ou tiveron que deixar os estudos polas limitacións económicas.
 SOS SANIDADE PÚBLICA
    O vindeiro 27 de xuño, a Plataforma SOS-Sanidade Pública, de defensa e mellora da Sanidade Pública, está a preparar unha xornada de loita que se levará a cabo nas distintas comarcas e áreas por medio das Plataformas locais.
 OPINIÓN - Ricardo Royo
    Resulta que Montserrat Gomendia (Secretaria de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades) fixo unhas declaracións sobre os estudantes que se negaron a saudar ao ministro Wert e a ela mesma na entrega dos premios nacionais de Fin de Carreira, dotados con 3.000 euros. Ao parecer, e segundo esta señora, os estudantes son uns "maleducados" e o que tiñan que ter feito para ser coherentes é negarse a aceptar o premio, renunciando con iso á dotación económica que levan aparellada.
 CORRUPCIÓN
    A degradación a bono lixo é inevitable para o estado español: "E iso sería o final do conto desta cova de ladróns na que a casta política nacida da Transición nos converteu: o país con máis políticos, máis grandes empresarios e máis banqueiros corruptos de todo o mundo desenvolvido". Escribiuno un economista conservador, Roberto Centeno, anoxado cos máis de 800 casos de corrupción e 2000 detidos, apenas uns poucos no cárcere, que desenvolveu a "democracia española” dende que comezou o novo século.
 POR UN FERROCARRIL PÚBLICO E SOCIAL
    O neoliberalismo trazou para Galicia e para as súas infraestruturas e comunicacións un destino ao que nos opoñemos frontalmente. Destínanse cantidades inxentes de diñeiro para o AVE, un medio de transporte caro, elitista e antisocial, marcando o abandono e a privatización para as comunicacións ferroviarias de curta e media distancia. Esta pasada semana constituíuse a Plataforma Comarcal en Defensa do Tren a Coruña-Mariñas da que somos parte xunto con outros sindicatos, organizacións políticas e sociais.
 INTERNACIONAL
    Os medios internacionais gustan de ver 'primaveras' onde o que se cociña é algo máis profundo e menos efémero. As inmensas mobilizacións nas rúas de Brasil son froito de resistencias históricas e recentes. Se os políticos empezan a lanzar sinais de escoita é porque son miles nas rúas e teñen un apoio masivo.
 A PROPOSTA DA CEOE
    O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, adiantou que o Goberno estudará a posibilidade de introducir na próxima reforma fiscal incentivos fiscais para aflorar economía mergullada, tal e como propuxo este venres o presidente da CEOE, Joan Rosell.
 LINGUA A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A Mesa pola Normalización Lingüística e Galiza co Galego, representados pola súa vicepresidenta e coordinador, respectivamente, asinaron onte en Santiago de Compostela un convenio de colaboración. A través deste convenio comprométense a colaborar mutuamente na consecución do seu obxectivo común polo ensino en galego.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
    WERT, DESPOIS DE RECOÑECER NO SENADO A DIMINUCIÓN DE 18.840 BOLSAS, DI NA RADIO CATALANA, RAC1, QUE NON DIMINUÍRON (PALABRA DE WERT)

     
      A CEOE QUERE REMATAR COS DÍAS DE PERMISO POR MORTE DE FAMILIAR

       
        CONTROL DE FACENDA Á INFANTA

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript