Xuño de 2013
 
 

25/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  EFECTOS DA EVASIÓN FISCAL
 

Gestha denuncia que cada cidadán tributa case 2.000 euros de máis pola evasión fiscal

Cada cidadán do estado debe pagar anualmente ao Fisco uns 1.910 euros de máis para compensar os impostos que outros contribuíntes deixan de tributar debido á fraude e a evasión fiscal, segundo estimacións dos Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha).

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo explicou Gestha nun comunicado, este sobrecoste fiscal non inclúe os impostos eludidos polas prácticas agresivas das multinacionais para non tributar polos beneficios das súas operacións no estado.
 
A fraude, xunto coa evasión, representa unha perda total de ingresos próxima ao billón de euros en toda Europa, e no estado español a perda total para Facenda rolda os 90.000 millóns de euros anuais.
 
Ademais, dende a organización apuntaron que a fraude é unha das principais causas de que a presión fiscal no estado caese no último ano en máis de cinco puntos porcentuais, ampliando así o seu diferencial coa media europea en 7,4 puntos. De feito, a evasión fiscal e laboral é responsable de case a metade (48,7%) deste diferencial, agregaron os Técnicos de Facenda.
 
Por outra parte, indicaron que a presión fiscal no estado situouse no 31,4% do PIB en 2011, o que sitúa ao estado na vixésimo primeira posición no ranking europeo, malia as subas impositivas aprobadas no IRPF e IVE en 2010 e 2011.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript