Xuño de 2013
 
 

25/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  O ECOFIN IMPONO A CAMBIO DE FLEXIBILIZACIÓN NO OBXECTIVO DA DÉBEDA
 

O Ecofin impón máis recortes ao estado español. Prepárase outro roubo aos traballadores e traballadoras

Os ministros de economía dos vintesete aprobaron dar ao estado español dous anos máis, até o 2016, para situar o déficit por debaixo do 3% do PIB, pero a cambio, esixiron que se aceleren as reformas pendentes (pensións…) e a subida do IVE para algúns produtos. Ao pobo, que nos fodan.

 

  • Noticias relacionadas

 

O Ecofin considera que o plan de reformas aprobado polo Goberno "vai na boa dirección ", pero subliña "a urxencia de adoptar e aplicar de forma eficaz as reformas pendentes de forma que poidan empezar a xerar os efectos positivos esperados", segundo o borrador que aprobarán os ministros.
 
Coa relaxación que autoriza o Ecofin, os novos obxectivos de déficit son o 6,5% para este ano (dúas décimas máis do que pedira o Goberno), o 5,8% en 2014, o 4,2% en 2015 e o 2,8% en 2016.
 
O Goberno debe concluír en prazo a reforma da administración local e "definir para outubro de 2013 un plan para mellorar a “eficiencia” do conxunto da administración pública". O Ecofin ve prioritario "mellorar a calidade do gasto público en todos os niveis de Goberno, e realizar unha revisión sistemática das maiores partidas de gasto en marzo de 2014 como moito".
 
En materia sanitaria, a UE pide ao estado reducir o gasto farmacéutico en hospitais e mellorar os incentivos a favor dun uso eficiente dos recursos, por exemplo con máis copagamentos.
 
Polo que se refire ás pensións, o Ecofin reclama ao Goberno que conclúa a reforma do factor de sostibilidade antes de que remate o ano, aínda que admite que o cambio non se basee só en seguir atrasando a idade de xubilación, como reclamaba Bruxelas, senón tamén nun axuste da contía das pensións.
 
Indica, tamén, que "A eficiencia do sistema tributario pode mellorarse máis aumentando a proporción de impostos indirectos máis favorables ao crecemento",
 
En  definitiva, máis precariedade laboral, menos pensións, menos servizos públicos, máis paro e pobreza. A intención última é de converternos en escravos.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript