Xuño de 2013
 
 

25/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  STOP DESAFIUZAMENTOS - OFIMÁTICO, CORUÑA
 

Stop Desafiuzamento de Manolo de Elviña

Manolo ten 85 anos, e vive co seu fillo na casa que el mesmo fixo coas súas mans. Como outras persoas maiores da veciñanza, cando chegou a especulación pensou que podería seguir vivindo onde sempre. Pero o Plan do Parque Ofimático S-10 foino absorbendo.

 

  • Noticias relacionadas

 

Métente no Plan como propietario (porque vivías alí!), cámbianche as terras por unha participación na futura parcela x, por se queres competir con Fontenla e Conde Roa.
 
Sobre o papel asígnanche unha parceliña para que fagas unha casa nova na veciñanza, en Eirís de Abaixo. Danche 80.000 euros pola casa e listo. Atención agora: Logo lembran que si vas ser como Fontenla tes que pagar a cuota de urbanización, que son... 80.000 euros, e quédanseche cos cartos.
 
A parceliña para a casa non é importante porque só vas vivir ti, e hai que facer sitio para 2.500 vivendas novas, así que a esquecemos. Damos unhas licencias a fume de carozo para construír xusto onde vives ti, contámosche nunha carta que a casa xa non é túa e que tes que marchar, e como non che cadra o conto pedímoslle ao xulgado que che diga algo. O Xulgado Contencioso-Administrativo dános autorización para "entrar" (?) no teu domicilio, e mentres ti vas ao avogado o Concello segue traballando, as máquinas escavan arredor da casa, que agora queda no alto dun cantil... E nesas estamos! Pero abonda!
 
E como o de Manolo hai outros doce casos. Moitas persoas maiores. Este venres pasado xuntámonos diante dos Xulgados do Contencioso-Administrativo, e logo camiñamos cara Elviña por Alfonso Molina.
 
Velaí os links a tres vídeos
 
https://www.youtube.com/watch?v=hIngLedRD0E
 
https://www.youtube.com/watch?v=TwVUACvus5c
 
https://www.youtube.com/watch?v=AgE9NCpZ0Bs

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript