25/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Caso infanta
Este bodebil da infanta e do que non é a infanta non é máis que unha pedra máis, un pau máis nas rodas dunha monarquía que se cambalea ao mesmo ritmo que o fai o rei cando camiña axudado das muletas. As escusas dadas por uns e por outros son un atentado máis á integridade intelectual dos españois. ' Xa está ben de pallasadas!
Se o que fixeron é simular vendas para poder branquear parte do diñeiro roubado por Aizoon, Noss ou a nai que os pariu, foi algo tan chafalleiro que debería avergonzar e retirar calquera título universitario ao instruída que se lle ocorreu tal necidade.
Se pola contra o que pretenden é desprestixiar o maxistrado que leva a causa erran o tiro, é tan infantil, tan pueril todo que dá vergoña allea.
Cada día que pasa ule peor este país, imos ter que botar moito desinfectante e abrir moito as ventás para ventilar tanta porcallada

As dúas Españas
A Montoro e compañía, despois de tantas mentiras e manipulacións debéronselles esgotar ata as reservas. Tanto a nivel estatal, como autonómico e municipal, a actuación dun gran número destes tipos foi a de difamar, intimidar e utilizar o seu poder absoluto (obtido mediante enganos e falsas promesas), para dobregar a todo aquel que ouse opoñerse e resistir ante as súas arbitrariedades e cacicadas. E non sei se son conscientes de que coas súas burdas manobras están a axitar o fantasma das dúas Españas: a deles, os privilexiados (cos seus numerosos servís), e a do resto, os sometidos (incluída esa maioría silenciosa que en calquera momento pode espertar do bocexo).

Acto de fe
Despois duns días calado, o tantas veces locuaz ministro de Facenda deu finalmente a cara. Non foi para ofrecer unha explicación coherente sobre ese estraño "erro" cos datos fiscais da infanta: Cristóbal Montoro asegura que non sabe que pasou e pide un acto de fe na súa palabra; que o creamos cando afirma que na Axencia Tributaria "non" hai fantasmas". Tampouco foi para pedir desculpas a eses honrados contribuíntes que descubriron, pasmados, como ao fisco non se lle pasa unha... salvo que te apelides Borbón e Grecia.
Nun país así, tampouco sorprende que unha condenada por fraude fiscal ante o Tribunal Supremo, a tenista Arantxa Sánchez Vicario, sexa a voceira dos Premios Príncipe de Asturias. Sen dúbida, é a persoa máis axeitada.

A CEOE os novos escravistas
O loito é unha das mostras máis puras de humanidade, por iso os ritos funerarios xurdiron ao mesmo tempo que a civilización. Poucas cousas hai máis sagradas para calquera pobo que honrar aos seus mortos e despedirse deles. É algo común en todas as culturas do mundo. En todas, agás na cultura troglodita da nosa impresentable patronal.
Cando se morre unha nai, un marido, unha filla ou un avó, un non se vai de troula ao tanatorio nin emprega eses días de permiso por defunción para chegar ao cemiterio, botar dous palmos de terra sobre o féretro e regresar. É un tempo para xestionar mil papelames, consolar os que quedan sós e chorar por alguén querido ao que nunca máis verás. Por iso é tan inhumana esa recente proposta da patronal de reducir o permiso pola morte dun familiar "porque as viaxes xa non se fan en dilixencia" ( literal).
Acabo de ver este artigo que reflicte o que penso, paréceme interesante e quero compartilo con todos e todas vós. A reflexión é de Ignacio Escolar.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript