Xuño de 2013
 
 

25/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  A DILAPIDACIÓN
 

Políticos e altezas inauguran o AVE dos faraóns mentres desprezan aos pobres, estudantes e parados

É a mellor metáfora de “España”: o príncipe Felipe, Mariano Rajoy e a alcaldesa de Alacante, imputada por corrupción, inauguran un AVE que iniciou Zapatero e que custa 11,6 millóns por quilómetro, pero non hai fondos para nenos malnutridos, estudantes sen diñeiro ou toxicómanos sen atención sanitaria.

 

  • Noticias relacionadas

 

Mentres a súa alteza real pedía no seu discurso "máis investimento público" para as luxosas, elitistas e inútiles infraestruturas que tanto diñeiro deixan en comisións, os noticieros debuxaban un estado moi diferente á do boato oficial: 30.000 alumnos van ser expulsados da universidade por non poder pagar a matrícula, Cáritas asegura que 120.000 galegos viven na "pobreza severa", só en Barcelona hai 3000 casos de malnutrición en nenos, cantidade que se eleva a 8.000 en Canarias e a 50.000 en Andalucía e que obrigou a abrir os comedores escolares en verán. E os centros de atención a drogodependentes péchanse, deixando sen axuda a 1200 toxicómanos só nun centro de Galicia.
 
A España oficial e a España real cada vez están máis lonxe separadas por unha enorme foxa común. Mentres máis de 6 millóns de persoas, a maioría das que traballaron toda a súa vida, encóntranse cada día ao bordo do desespero e a asfixia, os políticos asómanse aos televisores domésticos coas súas inauguracións millonarias, os seus rostros sorrintes, as súas pulcras vestimentas de luxo e a súa desenvoltura para sortear os cidadáns que protestan e se maniféstan polos seus abusos e o seu descaro na administración do diñeiro público.
 
En Alacante foron 800 cidadáns os que lle aguaron a "festa" aos políticos e á Casa Real, que xa non pode saír á rúa sen sufrir o bochorno dos pitos, apupos, petardos e pancartas de protesta. Esta actitude de dignidade cidadá xa se estendeu por todo o estado e é un clamor popular. Non é posible que un político e un cargo público crean máis importante un investimento en cemento, alcatrán e ladrillo que a asistencia alimenticia a un neno, a bolsa de matrícula a un estudante, a axuda a un toxicómano, a limpeza dun hospital, a medicina a un enfermo ou o subsidio de desemprego a un parado.
 
 
 
Esta proba de inmoralidade e crueldade está a quedar na retina de todos os cidadáns, que por primeira vez na súa historia non só están divididos por ideoloxías, territorios ou profesións: os dous bandos compóñenos agora, tamén, unha casta partitocrática e sindical que se beneficia de soldos millonarios e faraónicas subvencións do Estado que pagamos entre todos e a inmensa maioría do pobo que sofre privacións, marxinación e abusos desta mesma elite. A casta sábeo e as palabras balbuceantes e atemorizadas de Rajoy ou o rostro de severa preocupación do príncipe Felipe evidencian que o estado se converteu nun cárcere para eles, a mesma que xa sofren todos os cidadáns que padecen os seus desmandos e arbitrariedades.
 
Fontes
 
http://www.elconfidencial.com/espana/2013/06/18/el%2Dsegundo%2Dave%2Dde%2Dla%2Dlsquoera%2Drajoyrsquo%2Dllega%2Da%2Dalicante%2Da%2D116%2Dmillones%2Del%2Dkilometro%2D123234/
 
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/06/17/actualidad/1371499455_460313.html
 
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/15/galicia/1368630416_281915.html
 
http://www.antena3.com/programas/espejo-publico/noticias/aumenta-numero-ninos-que-pasan-hambre-espana_2013060600037.html
 
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/03/26/actualidad/1364324569_502295.html
 
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/17/galicia/1371491193_120914.html

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript