Xuño de 2013
 
 

25/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  A PROPOSTA DA CEOE
 

Montoro disponse a 'premiar´ a economía somerxida con incentivos fiscais "para que aflore"

O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, adiantou que o Goberno estudará a posibilidade de introducir na próxima reforma fiscal incentivos fiscais para aflorar economía mergullada, tal e como propuxo este venres o presidente da CEOE, Joan Rosell.

 

  • Noticias relacionadas

 

 Ao termo da reunión do Consello de Ministros, Montoro indicou que a proposta de Rosell é "unha opción" e engadiu que a loita contra a fraude fiscal "hai que desenvolvela en todos os ámbitos" o insólito é que intenten colarnos que legalizala é loitar contra ela.
 
Ademais, indicou que esta medida xa existe nalgúns países desenvolvidos.(que serán tan bananeiros coma o estado español, no que a moitos e moitas se nos recorta sistematicamente para encher o burato que deixan os defraudadores) "Estudarémolo e considerarémolo nese proxecto de reforma tributaria que queremos ter para marzo de 2014", engadiu.
 
O presidente da CEOE, Juan Rosell, propuxo este venres establecer incentivos fiscais ou bonificacións para aflorar parte da economía somerxida e tratar así de incrementar os ingresos do Estado entre tres ou catro puntos porcentuais do PIB e reducir o déficit público.
 
A alternativa é que se empreguen máis medios e efectivos na persecución da fraude pero iso non é do seu interés.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript