Xuño de 2013
 
 

17/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  MÁIS PRIVATIZACIÓNS - A ORDE PÚBLICA TAMÉN PODE SER NEGOCIO
 

O Goberno remite ao Congreso o Proxecto de Lei para privatizar a Seguridade Cidadá

O Goberno segue adiante cos seus plans de abrir ás empresas privadas o substancioso pastel da Seguridade Cidadá. Este venres o Consello de Ministros aprobou o Proxecto de Lei que ampliará as posibilidades de actuación das empresas na vixilancia e protección cidadá. Agora, o texto deberá ser examinado polas Cortes.

 

  • Noticias relacionadas

 

Aínda que o Goberno intenta xustificar o proxecto como un intento de 'controlar' a actividade do sector privado nas tarefas de seguridade, mellorando a coordinación destas actividades coas que realizan os funcionarios públicos, na práctica, o proxecto de Lei senta as bases para que as policías privadas sexan unha realidade amparada pola lexislación e lles ofrece novas áreas de actividade, ata agora vedadas unicamente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
 
Entre as novas áreas de negocio que se abandonarán á iniciativa privada, para quen poida pagala por suposto, está a protección integral de áreas industriais, de urbanizacións ou centros comerciais, así como as actuacións de resposta e xestión das alarmas ou os sistemas de viodevigilancia.
 
Tamén quedarán baixo a iniciativa privada a vixilancia exterior dos centros penitenciarios, entre outras actividades.
 
Segundo o proxecto de Lei, as empresas privadas poderán acceder aos ficheiros policiais e, a cambio, deberán compartir o resultado das súas investigacións cos corpos policiais. Por suposto, todo isto non é privatizar a protección cidadá senón "aproveitar o potencial da seguridade privada para mellorar nalgúns ámbitos a seguridade", segundo o ministro do Interior Jorge Fernández Díaz na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros. Recordou que a última lei sobre esta materia era do ano 1992 e non respondía ás necesidades actuais tras o desenvolvemento das novas tecnoloxías, entre outras cuestións.
 
Fernández recoñeceu que está Lei desenvolveuse coa 'consulta' ás empresas do sector, ata 44 compañías participaron nos debates previos, como recoñecía orgulloso o ministro, que recordou a importancia do sector mesmo antes destas novas oportunidades de negocio, que en 2012 facturou 3.500 millóns de euros por medio de 1.500 empresas que empregaron 85.000 persoas.
 
Diario progresista

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript