Xuño de 2013
 
 

17/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
 

Se mercas no corte inglés favoreces a privatizacion sanitaria

O Corte Inglés participa nunha das propostas presentadas para privatizar a Sanidade Pública de Madrid, en concreto nas realizadas para os hospitais de Vallecas e Arganda en colaboración con Ribera Salud e OHL.

 

  • Noticias relacionadas

 

Resulta rechamante que unha empresa comercial, sen experiencia na prestación de servizos sanitarios, pretenda conseguir a xestión da atención sanitaria de máis de 460.000 habitantes da Comunidade de Madrid.
 
É evidente que calquera compra que se realice no Corte Inglés, e polo tanto supoña beneficios a esta empresa, favorece a privatización da Sanidade Pública.
 
Por iso facemos un chamamento á poboación, da Comunidade de Madrid e do resto do estado, a mostrar activamente a súa repulsa á privatización sanitaria, deixando de comprar no Corte Inglés, manifestando o seu rexeitamento aos que queren sacar beneficios da atención sanitaria, e defendendo activamente unha Sanidade Pública universal e de calidade.
 
NON MERQUES NO CORTE INGLÉS
 
NON DEAS O TEU DIÑEIRO AOS QUE QUEREN PRIVATIZAR A SANIDADE PÚBLICA
 
A SANIDADE PÚBLICA NON SE VENDE, DEFÉNDESE
 
Asociación para a Defensa da Sanidade Pública de Madrid

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript