Número 192 - 17 de xuño de 2013
 
 

XUNTA DE GALICIA - UNIVERSIDADES

O Parlamento Galego aproba a Lei do Sistema universitario Galego

    Sen que se lle dese a transcendencia que merece, o Parlamento de Galicia, na sesión plenaria do 11 de xuño de 2013, aprobou por 41 votos a favor (PP), 33 en contra (toda a oposición) e ningunha abstención a Lei do sistema universitario de Galicia.
     
    A nova lei de universidades é unha adaptación á lexislación estatal e ao Espazo Europeo de Educación Superior, realizándose na nova normativa un corta e pega da Lei Andaluza de Universidades da que se copiaron literalmente 33 artigos e 112 apartados, o PP galego presenta unha lei da que non lle corresponde a autoría do texto pero si a ideolóxica.

UNIVERSIDADES

UNIVERSIDADE

    Até agora o mes de agosto era inhábil a todos os efectos. O reitor acaba de publicar unha resolución mediante a que se declara hábil este mes para os efectos do cómputo de prazos no desenvolvemento de procesos selectivos e concursos de méritos, para a cobertura de prazas de persoal de administración e servizos desta universidade, derivados da Relación de postos de traballo do persoal de administración e servizos de 2005.

O ENSINO EN LOITA

    Hai uns días eran os docentes de Eivisa os que exploraban a posibilidade de autoxestionar a súa propia folga e camiñaban cara á #verdeINDEFINIDA.
     
    En Murcia xa é unha realidade grazas ao apoio do sindicalismo alternativo e a capacidade de autoxestión da comunidade educativa.

EMPREGO PÚBLICO

    A Administración do Estado, os gobernos autonómicos, as entidades locais e as universidades destruíron 5.238 empregos entre xaneiro e xullo de 2012 en Galicia, ata situarse o total de traballadores en 150.539, de acordo co Boletín Estatístico do persoal ao servizo das administracións públicas que difundiu o Ministerio de Facenda.

O PP SEMPRE COS BANCOS

    O Parlamento Europeo non só aprobou o informe sobre vivenda social preparado pola deputada verde francesa Karima Delli. Tamén sacou adiante o seu parágrafo máis polémico, que precisamente pola súa alta voltaxe política votouse por separado a petición do PP. Trátase do apartado que reclama para as familias en quebra a posibilidade de renegociar a débeda ou de acollerse á dación en pagamento (é dicir, a posibilidade de entregar o ben hipotecado para saldar a débeda).

SEN DEREITOS E INVISIBLES NAS ESTATÍSTICAS

    No Estado español existe unha representación da figura do bolseiro como ese entrañable mozo que pasea pola oficina facendo cousas aburridas e pouco importantes pero que aínda así está cargado de ilusións. É a renovación do mito do aprendiz como pillo que pasa á madureza a través do traballo e dalgún que outro golpe. Esta asimilación, salvo na honorable excepción do viñetista Forges, representou o bolseiro como figura submisa e asustada ante o mundo do traballo.

TRANSXÉNICOS

    Asegura que paralizou as actividades de promoción das súas sementes xeneticamente modificadas en Europa, así como que tampouco ten previsto solicitar permiso para a venda de novas plantas transxénicas na rexión. Non gastaremos máis diñeiro para convencer á xente para cultivalas, asegurou Brandon Mitchener, responsable de Public Affairs de Monsanto para Europa e Oriente Medio nunha entrevista a Investigative Reporting Denmark.

MÁIS PRIVATIZACIÓNS - A ORDE PÚBLICA TAMÉN PODE SER NEGOCIO

    O Goberno segue adiante cos seus plans de abrir ás empresas privadas o substancioso pastel da Seguridade Cidadá. Este venres o Consello de Ministros aprobou o Proxecto de Lei que ampliará as posibilidades de actuación das empresas na vixilancia e protección cidadá. Agora, o texto deberá ser examinado polas Cortes.

NOVOS CÁLCULOS PARA A XUBILACIÓN - Javier Padilla

    As propostas para vincular as pensións á esperanza de vida pasan por alto distintas variables que teñen que ver coa desigualdade social.

OPINIÓN . Isaac Rosa

    Que ao cumprirse o primeiro aniversario do rescate bancario, o FROB lance unha campaña de cuñas radiofónicas e páxinas de xornal anunciando que chegou "o momento de que entre todos volvamos a facer realidade os nosos proxectos", parece unha forma fina de pitorreo. Como ademais o FROB é a institución receptora do diñeiro do rescate, só faltaría que a campaña se pagara con ese mesmo diñeiro, para rir máis.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE PÚBLICA
    A universidade pública está a mudar dun xeito radical. O cambio xa perpetrado noutros países preténdese instaurar no estado español de xeito que a universidade do futuro será, se non o impedimos, irrecoñecible desde a óptica que a concibimos na actualidade.
 OS INVESTIGADORES MÓVENSE
    Centos de investigadores galegos de diferentes concentráronse o venres na Praza do Obradoiro contra os recortes en I+D+i e para reivindicar un "compromiso de futuro" a tódalas administracións.
 FERROL TERRA - FOLGA XERAL
    Ao mediodía transcorría polas rúas de Ferrol unha grande manifestación onde miles de persoas demanban solucións para Ferrol Terra, Eume e Ortegal. De fondo o alto índice de desemprego, a crise en empresas medianas das comarcas, o comercio e a situación do sector naval, coa practica paralización dos dous estaleiros da Ría.
 FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
    O Corte Inglés participa nunha das propostas presentadas para privatizar a Sanidade Pública de Madrid, en concreto nas realizadas para os hospitais de Vallecas e Arganda en colaboración con Ribera Salud e OHL.
 EXTRABALLADOR DE GOLDMAN SACHS REVELA AS PRÁCTICAS ABUSIVAS DO GRAN BANCO DE INVESTIMENTO
    Así de claro o recoñeceu Greg Smith, un extraballador do banco Goldman Sachs autor do libro 'Por que deixei Goldman Sachs', unha obra na que admite como enganaban os seus clientes, aos que chamaban "idiotas" ou "marionetas", para gañar máis diñeiro.
 LABORAL
    A coordinadora de comités de empresa do 'hólding' de medios cotizado promove mobilizacións conxuntas. Convoca unha primeira concentración de traballadores que coincidirá coa próxima Xunta Xeral de Accionistas.
 ALBERT SALES - MEMBRO DA CAMPAÑA ROUPA LIMPA
    En Bangla Desh páganse salarios que condenan a persoa á miseria a pesar de traballar entre 10 e 12 horas diarias durante seis días á semana.
     
    Tiveron que morrer mil e pico persoas para que grandes medios do Estado español se atrevan a criticar ao Corte Inglés abertamente.
 PORTUGAL PREPARA OUTRA FOLGA XERAL
    Os sindicatos de sectores como os profesores do ensino público ou funcionarios de correos convocaron diversos paros para estes días en Portugal. Protestan contra a privatización e os despedimentos nestes sectores.
 LINGUA-Cibrán Arxibai - PROLINGUA
    Nos 30 anos que leva de camiño a Lei de Normalización Lingüística (LNL), o decreto 79/2010, tamén chamado do plurilingüismo, representa o maior retroceso nas políticas de normalización da lingua galega. Non está de moda poñer a ese decreto en cuestión pero iso non implica que se anulara a súa carga de nocividade. Todo o contrario. Esta aparente normalidade vai aparellada á institucionalización do proceso contrario á normalización: a promoción da substitución lingüística.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
    PSOE E PP ASINAN O PACTO, O AMOR TRIUNFA

     
      ESTAMOS DE ANIVERSARIO

       
        FORMA PARTE DO IDEARIO DO NACIONAL CATOLICISMO

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript