Xuño de 2013
 
 

17/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  O PP SEMPRE COS BANCOS
 

A Eurocámara apoia a dación en pagamento co voto en contra do PP do estado español

O Parlamento Europeo non só aprobou o informe sobre vivenda social preparado pola deputada verde francesa Karima Delli. Tamén sacou adiante o seu parágrafo máis polémico, que precisamente pola súa alta voltaxe política votouse por separado a petición do PP. Trátase do apartado que reclama para as familias en quebra a posibilidade de renegociar a débeda ou de acollerse á dación en pagamento (é dicir, a posibilidade de entregar o ben hipotecado para saldar a débeda).

 

  • Noticias relacionadas

 

A oposición practicamente unánime do grupo popular europeo non evitou que saia adiante co apoio de 318 parlamentarios. 269 votaron en contra, e 52 abstivéronse.
 
Só nove dos 269 eurodeputados do PP europeo apoiaron unha iniciativa que se converteu nun dos eixes sobre os que xira o debate en torno aos desafiuzamentos no estado español. Malia tratarse dun informe sen consecuencias legais, supón un golpe político para o Goberno de Mariano Rajoy, que se nega en redondo a regular a dación en pagamento con efectos retroactivos.
 
Estrasburgo pide aos Gobernos que se esforcen por ofrecer solucións alternativas aos desafiuzamentos e "que impidan que as familias desafiuzadas sigan tendo que devolver os seus créditos hipotecarios".

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript