17/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Auditoría da débeda e saír do euro.
As condicións leoninas que nos impuxeron para salvar da quebra uns bancos que deberían estar en concurso de acredores. Pero claro, os acredores desta banca, principalmente a banca alemana, non queren saber nada de quebras porque se quedarían sen cobrar gran parte da débeda. Polo tanto , sálvanse co noso diñeiro (e o que nos presta de forma usureira a Eurozona). Se a economía do estado se afunde e o estado se endebeda por enriba das nosas posibilidades isto é doado de solucionar porque se aplican os recortes que son o equivalente a aplicar sangrías a un anémico.Debemos saír da Eurozona, recuperar nosa soberanía económica e facer unha auditoría da débeda

As taxas
Presume o presidente Feijoo de que as matrículas non subirán o vindeiro curso, refírese, claro está ás primeiras matrículas, as seguintes xa están a un nivel inalcanzable para moitos estudantes. Quérennos facer crer que igualdade de oportunidades é dar UNHA oportunidade, mentres que os que poden pagalas teñen TODAS as demais.
A selección é clasista. Sobre todo, tendo en conta que o Espazo Europeo de Educación Superior tal como se implantou fai cada vez máis necesarios os másteres. E aí a suba de taxas e a política de bolsas convérteos en inaccesibles para grupos sociais cada vez máis amplos. Unha clara restrición clasista dos estudos superiores.

A solución, a oración
Claro que si señores gobernantes visionarios para que investir en ciencia cando existen outras opcións máis seguras e sobre todo máis acordes coa súa piadosa moral? Máis importante que investir en deseño de vacinas, tratamentos médicos ou antibióticos de nova xeración o verdadeiramente produtivo é gastar o cada vez máis escaso diñeiro dos nosos impostos en ensinar a infancia que todas as enfermidades se curan rezando a un barbado extraterrestre ou calquera dos miles de beatos e santos da imaxinaría cristiá. Para qué investir en desenvolvemento tecnolóxico cando sabemos fehacientemente que a virxe do Rocío é a que verdadeiramente xera os postos de traballo? Para que estudar o cambio climático ou deseñar sistemas de rego intelixentes se con sacar o santo en rogativa solucionamos o problema da seca? Se é que son ganas de perder o tempo e o diñeiro dos contribuíntes en financiar científicos impíos e ateos que nos afastan do verdadeiro coñecemento e nos achegan cada vez máis ao inferno.

En Grecia experimentan o que aplican despois no estado español
En Grecia experimentan o que logo aplican en España e Portugal, sérvelles de estado COBAIA a estes nazis - sádicos da Troika e aos seus vasalos dos goberniños de Europa do Sur. É unha aplicación da doutrina do shock tan cara ao seu gurú Milton Friedman, como analiza no seu libro Naomi Klein que debería ser máis consultado para entender o que está a pasar na Eurozona, o IV REICH do que España, Grecia, Chipre e Portugal son protectorados. Si non saímos da Eurozona, recuperamos a nosa soberanía económica e realizamos unha auditoría da débeda non teremos máis perspectiva que unha depresión prolongada cunha depreciación interna que castigue a condicións terceiromundistas a máis do 90% do pobo.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript