Xuño de 2013
 
 

17/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  PORTUGAL PREPARA OUTRA FOLGA XERAL
 

Paros sectoriais quentan a Folga Xeral do 27 de xuño en Portugal

Os sindicatos de sectores como os profesores do ensino público ou funcionarios de correos convocaron diversos paros para estes días en Portugal. Protestan contra a privatización e os despedimentos nestes sectores.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os sindicatos de correos advirten que se iniciou un proceso de privatización do servizo e fixeron unha folga de 24 horas este venres, que foi seguida por máis do 90 por cento.
 
En folga tamén están os profesores, que protestan contra a redución de persoais e os recortes presupostarios na educación pública. As folgas dos profesores en xuño ten un impacto moi importante xa que é mes de exames finais para os que rematan o instituto e ingresan a universidade.

Tamén hai paros previstos por parte dos traballadores dos principais portos do país.
 
Trátanse todas elas de folgas de colectivos profesionais distintos, pero todas teñen algo en común: repudiar as medidas neoliberais impostas polo Goberno do primeiro ministro Pedro Passos Coelho.
 
Pero ademais de todas estas folgas sectoriais, hai unha Folga Xeral marcada para finais deste mes. As dúas principais confederacións sindicais puxéronse de acordo para a data: o 27 de xuño Portugal parará durante 24 horas.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript