Xuño de 2013
 
 

17/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  O ENSINO EN LOITA
 

Murcia ponse en #verdeINDEFINIDA

Hai uns días eran os docentes de Eivisa os que exploraban a posibilidade de autoxestionar a súa propia folga e camiñaban cara á #verdeINDEFINIDA.
 
En Murcia xa é unha realidade grazas ao apoio do sindicalismo alternativo e a capacidade de autoxestión da comunidade educativa.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na Rexión de Murcia esta convocada unha folga indefinida de todo o profesorado.
 
O luns 3 de Xuño deu comezo unha Folga Indefinida só para interinos convocada por CCOO, STERM, UGT, CSIF e ANPE. E o Mércores 5 de Xuño iníciouse a Folga Indefinida para todo o persoal docente, convocada por SIDI. CGT, CNT, Aidmur e Asemblea pola Folga Indefinida apoian activamente a Folga Indefinida e colaboran para levar a cabo unha serie de accións encamiñadas a difundir a Folga, facilitar o seu seguimento, facer que transcenda ao resto da sociedade e premer ás administracións públicas responsables.
 
Cabe destacar a iniciativa levada a cabo por varios centros educativos, asesorados pola Asemblea pola Folga Indefinida, para convocar folga indefinida tamén nos seus centros. Esta iniciativa, sen precedentes no sector docente na rexión, permite que a folga indefinida teña validez aínda no suposto de que os sindicatos convocantes da folga se botasen atrás pero os compañeiros en folga destes centros quixesen continuar manténdose en follga.
 
Entre outras accións, acordáronse manifestacións, concentracións, caravanas de vehículos e unha acampada fronte á Consellaría.
 
Por que apoiar a folga indefinida?
Porque é necesario ofrecer unha maior resposta se non queremos que as políticas de recortes vaian a máis; pola estabilidade laboral de todo o persoal docente; en oposición ás consecutivas perdas laborais e salariais; pola dignidade do labor educativo; pola defensa da educación pública... sóbrannos motivos.
 
Hai moitas formas de apoiar ou colaborar nunha folga, infórmate.
 
Como podo recibir máis información?
 
Visita a web: http://ahirm.blogspot.com.es/
 
En Twitter: @HuelgaIndDo_RM
 
Contacta en:mailto:huelgaindefinidarm@gmail.com
 
O envía o teu correo electrónico a:mailto:ahirm@googlegroups.com
 
A Asemblea pola Folga Indefinida na Rexión de Murcia está constituída por docentes, estudantes, pais e nais como fórmula de autoorganización para traballar cara á Folga Indefinida en Educación na Rexión de Murcia. É unha asemblea que funciona á marxe dos sindicatos co fin de elaborar e desenvolver accións que motiven e mobilicen a Comunidade Educativa cara á Folga Indefinida.
 
Recollido de soy pública

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript