Xuño de 2013
 
 

17/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  EXTRABALLADOR DE GOLDMAN SACHS REVELA AS PRÁCTICAS ABUSIVAS DO GRAN BANCO DE INVESTIMENTO
 

"Creabamos pánico nos mercados para sacar beneficio da caída de España"

Así de claro o recoñeceu Greg Smith, un extraballador do banco Goldman Sachs autor do libro 'Por que deixei Goldman Sachs', unha obra na que admite como enganaban os seus clientes, aos que chamaban "idiotas" ou "marionetas", para gañar máis diñeiro.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os vídeos corporativos de Goldman Sachs falan de profesionalidade, de servizo ao cliente, de confianza. Pero o relato de Greg Smith é moi diferente. Tras máis de dez anos no xigante da banca de investimento, Smith non só conta como se enriquecen coa desgracia allea, senón como directamente a provocan.
 
"Tratamos de sacar beneficio da desgracia de España. Na reunión da mañá o banco dicía: 'Hoxe imos vender accións dos seus bancos e convencer aos nosos clientes de que compren'. E aos dous días dicían o contrario. Canto máis os aterrorizas, máis negocio fas", asegura Smith.
 
Enganando aos seus propios clientes
Greg aínda traballaba en Goldman cando os grandes banqueiros testificaron sobre a crise no Senado estadounidense pero di que iso non cambiou nada. "Sacabamos notas de prensa dicindo que cambiaramos pero en privado a xente seguía chamando pardais aos clientes e identificando os máis ignorantes para enganalos.
 
Di que o problema é que o banco aconsella unha cousa aos clientes e logo co seu propio diñeiro fai a contraria, coma se o crupier do casino vise as cartas de todos e ademais fixese a súa propia aposta.
 
"Despois dunha crise que destruíu o 40% da riqueza mundial sabes cantos xefes foron ao cárcere. Nin un foi sequera procesado, porque todo é legal aínda que non sexa nada ético,". Agora o banco considérao persoa non grata. Di que é unha vinganza porque non lle deron un aumento de soldo. Pero el, co seu libro na man, di que só conta a verdade.
 
laSexta.com
 
Pois si, isto é o capitalismo, o que pasa neste banco pasa en todos e en todo o entramado do que se denomina mercados e que está detrás de todo o sufrimento, morte, paro e precariedade que eles mesmos crearon.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript