Xuño de 2013
 
 

17/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  FERROL TERRA - FOLGA XERAL
 

A xornada de Folga Xeral Comarcal en Ferrol Terra foi total

Ao mediodía transcorría polas rúas de Ferrol unha grande manifestación onde miles de persoas demandaban solucións para Ferrol Terra, Eume e Ortegal. De fondo o alto índice de desemprego, a crise en empresas medianas das comarcas, o comercio e a situación do sector naval, coa práctica paralización dos dous estaleiros da Ría.

 

  • Noticias relacionadas

 

Promesas incumpridas nunhas comarcas en declive industrial e social, nunha zona empobrecida polas políticas dos diferentes gobernos españois e da Troika europea.
 
A xornada de Folga Xeral Comarcal foi total, ao final da manifestación, sen ser posíbel que todas as persoas que participaran na marcha puideran entrar na Praza do Concello, comezou o acto co canto da Internacional, seguido das intervencións da representación sindical, rematando o acto co canto do Himno Galego, cos acordes da gaita do mestre Vitor Agulló.
 
http://artabra21.blogspot.com.es/
 
Unha reflexión
 
A nivel político o PP trata de que os motivos que levaron á convocatoria se esvaezan e tenta enmascarar o resultado, tanto o alcalde de Ferrol coma o presidente da Xunta gábanse do poder de convocatoria da mobilización e móstranse partidarios da mesma, queren pechar o “asunto” coa dimisión dun Conselleiro Delegado. Non se enteran (ou non queren enterarse) a folga, a mobilización ía dirixida contra eles e as súas políticas. Non podemos parar nin deixar que dilúan a mobilización. Temos que seguir polo mesmo camiño.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript