Xuño de 2013
 
 

17/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  EMPREGO PÚBLICO
 

As administracións públicas destrúen máis de 5.000 empregos en seis meses en Galicia

A Administración do Estado, os gobernos autonómicos, as entidades locais e as universidades destruíron 5.238 empregos entre xaneiro e xullo de 2012 en Galicia, ata situarse o total de traballadores en 150.539, de acordo co Boletín Estatístico do persoal ao servizo das administracións públicas que difundiu o Ministerio de Facenda.

 

  • Noticias relacionadas

 

En todo o estado destruíronse 49.656 empregos no mesmo período de tempo, o que supón unha redución do -1,8%, co que o número de empregados ao servizo destas administracións baixou ata os 2.636.181 efectivos, fronte aos 2.685.837 cos que contaba a principios de 2012.
 
No caso de Galicia, a caída rexistrada nese semestre alcanza o 3,36% e débese fundamentalmente á destrución de emprego nas administracións locais, que perderon 4.400 postos, o 84% do total dos que se destruíron. Deste modo, son un total de 25.752 persoas as que traballaban ao comezo do xullo de 2012 neste ámbito.
 
Ademais, outras 29.750 persoas traballaban na administración estatal en Galicia (son 61 menos que en xaneiro dese ano); 87.100 facíano na administración autonómica (614 menos) e 7.937 nas universidades (163 menos).
 
Seguen coa mesma intención, a destrución da administración pública, a redución dos efectivos demostra a planificación dese derribo.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript