Xuño de 2013
 
 

10/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  A ESTUPIDEZ CONXÉNITA DO PP
 

"Non podemos dicir que traballar na UE é traballar no estranxeiro"

O mesmo día en que o primeiro ministro italiano pedía desculpas aos "mozos emigrados", o vicesecretario xeral de Estudos e Programas do PP, Esteban González Pons, afirmou que a emigración de mozos en busca de mellores oportunidades ten unha lectura dolorosa e outra positiva e esa última é que traballar na UE non significa traballar no estranxeiro, senón na casa.

 

  • Noticias relacionadas

 

"A saída dos nosos mozos a traballar ao exterior ten dúas lecturas: unha é dolorosa porque marchan porque non teñen emprego en España, pero outra é positiva e esa é cando van á Unión Europea (UE)”.
 
"Non podemos considerar que traballar na UE é traballar no estranxeiro, porque se o facemos así, nos estamos equivocando," sinalou González Pons, quen tamén afirmou que "na medida que estean (os mozos) na UE están na casa", dende un punto de vista de "patriotismo europeo".
 
Estes son os que nos gobernan. Se nos paramos un pouco nas múltiples declaracións que, cada día, saen pola boca dos que “mandan” e que publican os medios de comunicación sempre atoparemos algunha con matices parecidos e que demostran que a estupidez é consustancial ao feito de exercer responsabilidades no PP.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript