Xuño de 2013
 
 

10/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  ROKAMBOL NEWS - Redacción
 

Os médicos, alarmados pola síndrome da esposa idiota

A Sociedade Española de Neuropsiquiatría alertou ao ministerio de Sanidade para que tome medidas ante unha nova patoloxía que, a pesar da súa orixe estritamente cerebral, está a demostrar unha capacidade de contaxio verdadeiramente singular e preocupante entre os cónxuxes de destacados personaxes da política e mesmo da realeza.

 

  • Noticias relacionadas

 

Ao parecer, a maioría destas esposas de corruptos pasaron a ser idiotas da noite á mañá, sen mostrar síntomas previos de estupidez ou ter sufrido estados de inopia anteriormente. En todos os casos estudados, a esposa do corrupto adquire a síndrome aos poucos minutos de producirse a imputación do seu esposo por asuntos de malversación, estafa, prevaricación e suborno, ademais doutros catorce delitos de corrupción.
 
Cre que o foco orixinal de propagación desta patoloxía podería estar relacionado co coñecido "incidente do garaxe", no que a ministra de Sanidade, Ana Mato, quedou terriblemente sorprendida ao descubrir que o automóbil Jaguar que durmía habitualmente no garaxe da súa vivenda non pertencía ao Rato Pérez senón ao seu propio marido. Poucos meses despois, a mesma ministra chegou a pensar que os dez mil quilos de confeti que se verteron sobre o aniversario do seu fillo caeron directamente do ceo, sen pasar nin sequera pola tenda.
 
As afirmacións da infanta Cristina, no sentido de que o diñeiro para comprar o palacete de Pedralbes saíra de "debaixo dunhas pedras moi bonitas", fixo pensar os médicos que a síndrome da esposa idiota podería estar a agravarse espectacularmente.
 
A síndrome da alcaldesa idiota e o presidente autonómico idiota poderían equipararse tamén a esta doenza en canto Rita Barberá e Francisco Camps sexan imputados polo caso Nóos.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript