Xuño de 2013
 
 

10/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  O ROUBO É DESCARADO
 

Europa bota por terra a posibilidade de que se establecera unha taxa á especulación

Unha vez constatado que a crise deriva da avaricia duns poucos que se forran a custa de moitos/as, a Comisión Europea, propúxose un lavado de cara, unha especie de Taxa Tobin, o Imposto sobre Transaccións Financeiras, coa que se pretendía recadar entre 30.000 e 35.000 millóns de euros ao ano.

 

  • Noticias relacionadas

 

A proposta inicial era gravar cun 0,1% as transaccións con accións e bonos, e cun 0,01% as operacións con derivados. Excluíanse as outras actividades financeiras cotiás, pero, a última hora, transcendeu que se baralla reducir a taxa ás transaccións financeiras ao 0,01% (fronte ao 0,1% inicial), de tomarse esta decisión a recadación diminuiría un -90%, pasando dunha previsión de 35.000 millóns a 3.500 millóns. A decisión tamén contemplaría que a entrada en vigor será progresiva fronte á primeira intención que era que entrase en vigor no 2014.
 
Quérese dicir con isto que a crise pagarémola os de sempre, decisións como esta poñen ás claras ao servizo de quen están os políticos e as políticas que emanan dos parlamentos onde se decide no noso porvir.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript