Xuño de 2013
 
 

10/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  XUBILACIÓN
 

Os expertos non saen do guión, CCOO obediente

O informe dos “expertos”, referendado por CCOO pon ás claras a sumisión do sindicalismo institucional aos ditames gobernamentais. Este sindicalismo que de clase xa non ten nada préstase, unha vez máis, a ser o soporte das políticas máis antiobreiras.

 

  • Noticias relacionadas

 

Sabiamos o resultado do informe moito antes de que se fixese público, un grupo de “expertos” elixido polo goberno non podía ditaminar doutro xeito. Dada a deriva do sindicalismo practicado desde os sindicatos gobernamentais, tampouco nos estraña o voto favorable do representante de CCOO (no grupo de expertos estaban un representante de CCOO e un representante de UGT) votaría a favor dos postulados máis neoliberais.
 
O comité de expertos compóñeno Víctor Pérez-Díaz, presidente; Manuel Lagares Calvo; José María Marín Vigueras; Santos M. Ruesga (UGT); Benito; Miguel Ángel Vázquez Burgos; J. Ignacio Conde-Ruiz; Rafael Doménech Vilariño; José Enrique Devesa Carpio; Mercedes Ayuso, Miguel Ángel García Díaz (CCOO); Francisco Castellano Real y José Luis Tortuero Plaza (PSOE).
 
A maioría do comité de expertos está integrado por persoas que estiveron a soldo da banca e das aseguradoras. Estes “sabios” avalados polo “sindicalista” de CCOO propoñen que as pensións só aumenten se os ingresos do sistema soben por enriba do crecemento do número de xubilados. A comisión recomenda que este factor de revalorización anual (FRA) das pensións comece a aplicarse aos pensionistas actuais, o que supoñería acabar co sistema actual segundo o cal as prestacións soben conforme á evolución dos prezos.
 
Sinalar que o representante da UGT foi o único que votou en contra mentres que o representante do PSOE abstívose. É indignante ver como, por un lado o propio sindicato de CCOO emite estudos nos que se avoga pola defensa das pensións e, por outro, asína a defunción do sistema tal e como o entendemos agora. Mesmo a UGT non dubida en sinalar que o informe dos "expertos" fíxose ao "ditado do goberno".
 
No seu momento opuxémonos á reforma pactada entre os sindicatos maioritarios e o goberno do PSOE, opoñémonos, tamén, a unha reforma que recolle, de principio a fin os postulados neoliberais, que xa non oculta a finalidade de favorecer os plans privados de pensións e de aforrar no gasto neste capítulo para incorporar o diñeiro aforrado nos petos dos que provocaron a crise-estafa,  impoñendo, sen piedade, máis precariedade e pobreza para os xubilados actuais e futuros.
 
TV2, entrevista a Vincenç Navarro e Juan Torres para presentar o libro: "O que debes saber para que non che rouben a pensión"
 
Artigo de Vincenç Navarro: Cuestionando a sabiduría convencional sobre as pensións
 
Canto baixará a miña pensión inicial?

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript