Xuño de 2013
 
 

10/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ECONÓMICA
 

O FMI recoñece agora que as súas decisións agravaron a situación de Grecia

O Fondo Monetario Internacional (FMI) recoñece "notables fallos" no deseño do plan multimillonario de rescate a Grecia e asegurou que subestimou os efectos negativos das políticas de austeridade no país.

 

  • Noticias relacionadas

 

"Houbo notables fallos. A confianza dos mercados non se logrou restaurar, o sistema bancario perdeu o 30% dos depósitos e a economía enfrontouse a unha recesión moito máis profunda do previsto, cun desemprego excepcionalmente alto," indicou o FMI nun documento de revisión do programa de rescate financeiro a Grecia de 2010.
 
Nos primeiros cálculos do Fondo, a economía grega contraeríase un 5,5%, mentres que finalmente o fixo nun 17% entre 2009 e 2012, e o desemprego previsto foi dun 15%, aínda que finalmente alcanzou o 25% en 2012.
 
Despois da rolda de prensa tomáronse tranquilamente uns cafés, a precariedade, o paro, a destrución e morte orixinada polas políticas despregadas non son máis que danos colaterais na guerra que o neoliberalismo voraz desprega para roubárnolo todo á clase obreira. Nin que dicir ten que non houbo, nin hai en perspectiva, ningunha dimisión entre os/as que programaron esas medidas.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript