Xuño de 2013
 
 

10/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  OPINIÓN - Doris Benegas
 

Nós parimos. Nós decidimos

Novamente unha cruzada contra o dereito ao aborto, novamente o PP, a Conferencia Episcopal, os antiabortistas en xeral, dicindo cousas de escándalo verdadeiramente ofensivas contra as mulleres que exercen o dereito a abortar, dende chamalas asasinas ata incitalas a parir para dar en adopción os seus fill@s.

 

  • Noticias relacionadas

 

Eu creo que todo isto non é casualidade; dende diferentes ámbitos estanse a promover e estendendo ideas, tendencias, hábitos, que significan verdadeiros retrocesos no camiño cara a igualdade, cara a liberdade das mulleres.
 
O recoñecemento do Dereito ao Aborto non obriga a quen non o quere utilizar: é un dereito, non unha obriga. As mulleres temos que poder decidir en liberdade se queremos ser nais e cando queremos selo.
 
O dereito ao Aborto é unha garantía para poder decidir libremente. O DEREITO A DECIDIR sobre algo tan íntimo, persoal, intransferible como ser nais.
 
É bo recordar por que ese é un dereito das mulleres e de ninguén máis:
 
As que bioloxicamente podemos ser nais e as que soportamos os embarazos e os partos, somos nós; ninguén pode, nin debe decidir isto no noso nome.
 
É un dereito poder dar a vida cando se queira, sen traumas, nas mellores condicións posibles, para nós e os fill@s por nacer.
 
A maternidade segue condicionando as nosas vidas dende todo punto de vista, social, laboral, profesional... Estamos moi lonxe de que as consecuencias de traer fill@s ao mundo recaian por igual sobre as mulleres e os homes.
 
Son moitas as mulleres que perden o emprego por estar embarazadas e moitas as que non acceden ao emprego ou acceden só a empregos precarios pola maternidade.
 
As Axudas e os servizos públicos que sempre foron insuficientes, agora sofren todo tipo de recortes facendo que as tarefas de coidado de fill@s recaia aínda máis sobre nós.
 
Por que queren obrigarnos a ser nais, a parir sen desexalo?
 
Está claro que non lles importa a vida, a que hai agora. Tampouco lles importa, nin o sufrimento das mulleres, nin o dos fill@s non desexados.

Témome moito que ten que ver con manternos subordinadadas no fogar (hai moito paro), sen liberdade, sen capacidade de decidir sobre as nosas vidas e os nosos corpos.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript