Número 191 - 10 de xuño de 2013
 
 

FERROLTERRA, FOLGA XERAL COMARCAL

12 de xuño, FERROLTERRA EN FOLGA!!

    A Comarca de Ferrolterra fai tempo que ferve, os traballadores, traballadoras e a cidadanía levan moito tempo reclamando a mobilización xeral que agora se convoca para o día 12. Como non podía ser doutro xeito a CUT apoia a folga xeral convocada e reclama que esta non quede nun acto testemuñal dun día para despois volver á rutina cotiá.

UNIVERSIDADE - O CAPÍTULO VI ORGANÍZASE

    O día 5 estivemos presentes na asemblea convocada polos compañeiros e compañeiras pertencentes ao Capítulo VI na reunión tomaron unha serie de decisións das que pasamos a informar.

XUBILACIÓN - PENSIONAZO

    O informe dos “expertos”, referendado por CCOO pon ás claras a sumisión do sindicalismo institucional aos ditames gobernamentais. Este sindicalismo que de clase xa non ten nada préstase, unha vez máis, a ser o soporte das políticas máis antiobreiras.

OPINIÓN - Doris Benegas

    Novamente unha cruzada contra o dereito ao aborto, novamente o PP, a Conferencia Episcopal, os antiabortistas en xeral, dicindo cousas de escándalo verdadeiramente ofensivas contra as mulleres que exercen o dereito a abortar, dende chamalas asasinas ata incitalas a parir para dar en adopción os seus fill@s.

SOS SANIDADE PÚBLICA

    ” Estamos vivindo un grave retroceso dos dereitos das persoas en xeral, e dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, en particular. Estes dereitos sexuais e reprodutivos están recollidos como dereitos humanos fundamentais en todos os tratados internacionais desde os anos 90. Foron subscritos polo goberno español e polo tanto son de obrigado cumprimento tamén para o goberno galego..

PREMIO DO PARLAMENTO EUROPEO Á PAH

    A Plataforma de Afectados pola Hipoteca traballa dende hai máis de catro anos defendendo o dereito fundamental á vivenda, recollido en numerosos tratados internacionais así como na Constitución Española. O Premio que concede o Parlamento Europeo é un recoñecemento ao labor colectivo dun movemento cidadán que se leva a cabo en condicións moi duras.

CRISE ECONÓMICA

    O Fondo Monetario Internacional (FMI) recoñece "notables fallos" no deseño do plan multimillonario de rescate a Grecia e asegurou que subestimou os efectos negativos das políticas de austeridade no país.

ROKAMBOL NEWS - Redacción

    A Sociedade Española de Neuropsiquiatría alertou ao ministerio de Sanidade para que tome medidas ante unha nova patoloxía que, a pesar da súa orixe estritamente cerebral, está a demostrar unha capacidade de contaxio verdadeiramente singular e preocupante entre os cónxuxes de destacados personaxes da política e mesmo da realeza.

EXPLOTACIÓN LABORAL - Natalia Puga

    Adquirir unha peza de roupa das marcas do grupo Inditex que se confeccionase en Marrocos supón referendar un sistema de produción no que as traballadoras acumulan ata 65 horas á semana detrás dunha máquina para cobrar un salario de 178,72 euros mensuais.

A ESTUPIDEZ CONXÉNITA DO PP

    O mesmo día en que o primeiro ministro italiano pedía desculpas aos "mozos emigrados", o vicesecretario xeral de Estudos e Programas do PP, Esteban González Pons, afirmou que a emigración de mozos en busca de mellores oportunidades ten unha lectura dolorosa e outra positiva e esa última é que traballar na UE non significa traballar no estranxeiro, senón na casa.

OPINIÓN . Isaac Rosa

    Que o FMI admita que se equivocou con Grecia é algo nunca visto. Iso si: o nunca visto non é que se equivocase, senón que o admitise. O primeiro leva décadas facéndoo: equivocarse. O segundo, admitir os seus erros, é a novidade, aínda que non tardase nin medio día en encontrar un culpable do erro.

    
  •   
 
 RECORTE SALARIAL
    A USC aplicará o recorte salarial tal e como se contempla nas indicacións que a Xunta de Galicia transmitiu ás Universidades. As reunión realizadas con PAS e PDI non foron máis que unha pantomima. Na Universidade da Coruña todo indica que imos polo mesmo camiño.
 PAGA EXTRA DE DECEMBRO 2012
    O Pleno do Tribunal Constitucional por providencia de 21 de maio de 2013 acorda admitir a trámite a Cuestión de inconstitucionalidade interposta por la Sala do Social Audiencia Nacional
 SANIDADE PÚBLICA - Pablo Vaamonde
    O naufraxio do novo hospital de Vigo, esas seis torres como seis quillas contra o vento, semella ser definitivo. Desde hai meses, en contra do manifestado polas autoridades sanitarias, as obras están paradas e non atopan saídas para continuar.
 LOMCE
    Ata doce estudantes galardoados cos Premios nacionais fin de carreira negaron o saúdo este martes ao ministro de Educación, José Ignacio Wert. Wert foi o encargado de entregar as distincións no Auditorio Nacional, xunto á secretaria de Estado de Educación, Montserrat Gomendio; e o secretario xeral de Universidades, Federico Morán.
 XULGADOS
    A Sala IV do Social do Tribunal Supremo (TS) estableceu que as as taxas xudiciais impostas polo Goberno de Mariano Rajoy non serán esixibles aos traballadores, beneficiarios da Seguridade Social, funcionarios ou persoal estatutario que interpoñan recursos de casación ou súplica na orde social. Como os de primeira instancia xa están exentos, o acordo supón que non se pagará taxa ningunha na xurisdición laboral.
 O ROUBO É DESCARADO
    Unha vez constatado que a crise deriva da avaricia duns poucos que que se forran a custa de moitos/as. A Comisión Europea, propúxose un lavado de cara, unha especie de Taxa Tobin, o Imposto sobre Transaccións Financeiras, coa que se pretendía recadar entre 30.000 e 35.000 millóns de euros ao ano.
 LOMCE
    O Comisario para os Dereitos Humanos do Consello de Europa, Nils Muiznieks, criticou este venres que o Goberno decidise eliminar a materia de Educación para a Cidadanía sen elaborar sequera un informe obxectivo que certifique o seu mal funcionamento. "Antes de arranxar algo convén realizar análises científicas para saber se está roto", sinalou en rolda de prensa.
 LINGUA-Profesorado CELGA
    O colectivo de profesorado colaborador da SXPL para impartir os cursos de galego para persoas adultas fixo segue mobilizándose reivindicando a profesionalización, denunciando a a súa "precaria situación" e reclamando condicións de traballo dignas.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 
    CORRUPCIÓN: NON SE SALVA NIN RITA (O XUÍZ CASTRO OBSERVA INDICIOS DE CATRO DELITOS COMETIDOS POR ELA E CAMPS)

     
      O NOVO CÁLCULO DAS PENSIÓNS

       
        A FISCALÍA OPONSE AO ENCARCERAMENTO DO BANQUEIRO BLESA

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript