Xuño de 2013
 
 

10/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  PAGA EXTRA DE DECEMBRO 2012
 

O Pleno do Tribunal Constitucional acorda admitir a trámite a cuestión de inconstitucionalidade

O Pleno do Tribunal Constitucional por providencia de 21 de maio de 2013 acorda admitir a trámite a Cuestión de inconstitucionalidade interposta por la Sala do Social Audiencia Nacional.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo se indica na providencia:
 
“1. Admitir a trámite a cuestión que, mediante as anteriores actuacións, formula a Sala do Social da Audiencia Nacional, no conflito colectivo núm. 322/2012, en relación con art.º 2 do Real Decreto-Lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade presupostaria e de fomento da competitividade, na súa aplicación ao persoal laboral do sector público, por posible vulneración do art.º 9.3 C.E.”
 
O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 30 de outubro de 2012, xa acordara admitir a trámite o recurso de inconstitucionalidade número 5736-2012, promovido polo Parlamento de Navarra, contra o artigo 2 do Real Decreto-lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade presupostaria e de fomento da competitividade.
 
Despois das sentenzas, das que vos informamos recentemente, e do pronunciamento realizado pola Defensora del Pueblo, entendemos que o ditame do Tribunal Constitucional non fará máis que referendar o que todos os sindicatos defendemos, a ilegalidade da retroactividade contemplada no Decreto-Lei.
 
A pesares de que a xustiza nos dea a razón nesta reclamación tamén queremos significar o noso absoluto rexeitamento dun Decreto-Lei que recorta no público para encher os petos dos chourizos que están na orixe desta crise-estafa.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript