Xuño de 2013
 
 

10/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  LOMCE
 

Europa, preocupada pola eliminación de Educación para a Cidadanía

O Comisario para os Dereitos Humanos do Consello de Europa, Nils Muiznieks, criticou este venres que o Goberno decidise eliminar a materia de Educación para a Cidadanía sen elaborar sequera un informe obxectivo que certifique o seu mal funcionamento. "Antes de arranxar algo convén realizar análises científicas para saber se está roto", sinalou en rolda de prensa.

 

  • Noticias relacionadas

 

Muiznieks, que se encontra de visita oficial no estado para analizar a situación dos dereitos humanos en tempos de crise económica, explicou que nunha reunión coa secretaria de Estado de Educación, Montserrat Gomendio, expresou a súa "preocupación pola falta de claridade sobre que vai pasar con esta materia" e preguntou directamente por que se eliminaba.
 
Díxonos que estaba moi politizada nas diferentes comunidades autónomas. Pedinlle probas científicas disto e non quedei moi satisfeito coa súa resposta (...) Sinceramente, non vin ningunha análise que indicase que estaba aliñada completamente cos dereitos humanos ou que estaba politizada, sinalou.
 
Así mesmo, o comisario sinalou que a propia secretaria de Estado Gomendio lle explicou o obxectivo de impartir o contido de Educación Para la Ciudadanía de forma transversal no resto de materias, aínda que non puido ensinarlle os temarios porque estando a lei en tramitación parlamentaria os curriculos aínda non foron deseñados.
 
Explicáronnos que se vai repartir o seu contido entre todas as materias. Isto hai que explicalo mellor", sinalou o comisario, para incidir en que é "esencial que os nenos e mozos teñan esta educación en dereitos humanos e poidan exercer a súa cidadanía tendo claros os valores de convivencia" e, eliminando a materia "existe o risco de que estes contidos queden diluídos".
 
Estas apreciacións quedarán recollidas nun informe que o Consello de Europa elaborará durante os próximos meses e difundirá a finais de setembro, no que figurarán as conclusións desta visita oficial así como unha serie de recomendacións ao respecto.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript