Xuño de 2013
 
 

10/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  FERROLTERRA, FOLGA XERAL COMARCAL
 

12 de xuño, FERROLTERRA EN FOLGA!!

A Comarca de Ferrolterra fai tempo que ferve, os traballadores, traballadoras e a cidadanía levamos moito tempo reclamando a mobilización xeral que agora se convoca para o día 12. Como non podía ser doutro xeito a CUT apoia a folga xeral convocada e reclama que esta non quede nun acto testemuñal dun día para despois volver á rutina cotiá.

 

  • Noticias relacionadas

 

A Comarca non pode soportar por máis tempo unha situación que a afunde progresivamente na máis absoluta miseria, tanto laboral como social, e  a situación tende a empeorar.
 
Os traballadores non cren nas falsas promesas dos políticos de turno, a Xunta, o Goberno Central e a Comunidade Europea remataron, fai tempo, con calquera pequena esperanza que puidera quedar.
 
As traballadoras, traballadores e a cidadanía fai tempo que sabemos que para propiciar calquera mellora na situación actual dependemos da nosa loita e da mobilización que  despreguemos.
 
Esta última tempada as mobilizacións xeneralizáronse e medraron tanto en número como en intensidade, o deserto industrial e social no que se está a converter a Comarca non deixan outro camiño, o paro (32%) e o peche xeneralizado de empresas fan insoportable a situación.
 
Saudamos e apoiamos o paso adiante que supón a convocatoria dunha folga que converta en xeral o que até agora eran convocatorias cidadás, de empresa e sectoriais, reclamada insistentemente pola clase obreira e a cidadanía. Saudamos e apoiamos a convocatoria de folga xeral comarcal que reflicta e serva para dar a resposta conxunta que a situación merece. Chamamos a todas as traballadoras e traballadores da Universidade da Coruña que exerzan o seu traballo nesa Comarca a secundar a folga e participar na manifestación convocada.
 
Agardamos que a convocatoria de folga xeral non sexa unha acción esporádica, sen continuidade.É preciso que se siga a utilizar de xeito continuado pois somos conscientes de que un só día de mobilización, aínda sendo importantísimo, servirá para pouco.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript