Xuño de 2013
 
 

10/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - O CAPÍTULO VI ORGANÍZASE
 

Asemblea do día 5

O día 5 estivemos presentes na asemblea convocada polos compañeiros e compañeiras pertencentes ao Capítulo VI na reunión tomaron unha serie de decisións das que pasamos a informar.

 

  • Noticias relacionadas

 

Na asemblea decidiuse rexeitar o recorte salarial do 5% que o equipo reitoral, no último Consello de Goberno, advertiu que se lles aplicaría. Neste sentido aprobaron solicitar, a título individual (non existe Comité de Empresa), unha reunión coa Xerencia para coñecer de primeira man a intención da Institución.
 
Acordaron, tamén, iniciar conversas cos representantes de PAS e PDI para coñecer a opinión destes colectivos e transmitirlles a súa posición ao respecto.
 
Dada a inexistencia de representación colectiva, fai tempo que intentan constituír un Comité de Empresa que os represente. Xa teñen confeccionada unha lista unitaria para proceder á convocatoria electoral.
 
Poñémonos ao seu dispor par o que precisen.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript