Xuño de 2013
 
 

03/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  A ADMINISTRACIÓN PODERÁ FACER TRABALLAR GRATIS AOS PARADOS
 

A Comunidade de Madrid crea os 'voluntarios forzosos'

Aproba un plan para que os seus concellos boten man dos que cobran prestacións; a lóxica capitalista segue a funcionar, despídese por un lado e dáse traballo en precario (gratis) por outro.

 

  • Noticias relacionadas

 

Hai uns meses, a alcaldesa Ana Botella expresaba o seu desexo de contar con voluntarios, é dicir traballadores gratuítos, para cubrir servizos municipais como bibliotecas ou polideportivos, apelando á mala situación económica. Non verá o seu soño cumprido pero case, porque o goberno popular da Comunidade de Madrid, a través da Consellaría de Emprego, puxo en marcha un programa de "traballos temporais de colaboración social" para desempregados que estean a cobrar a prestación.
 
Nin contrato nin alta na Seguridade Social
A conselleira de Emprego, Cultura e Turismo da Comunidade de Madrid, Ana Isabel Mariño, explicou á Cadea SER que se trata de funcións temporais dun máximo de seis meses para parados con prestacións que seguirán cobrarando o desemprego. A Comunidade de Madrid subvencionará con 500 euros unha parte do subsidio e complementarao se dá lugar. Pero non hai contrato nin alta na Seguridade Social. O Goberno rexional dotou o plan con 15 millóns de euros e pon un límite aos Concellos para usar esta man de obra: un máximo de 100 persoas por Consistorio.
 
Para "obras e servizos de interese xeral"
Os traballos que poderán demandar xustificadamente os Concellos son, segundo o Boletín Oficial da Comunidade de Madrid, para "obras e servizos de interese xeral" e algúns incluirán unha breve formación. Citan actividades como a dinamización turística, industria cultural, enerxías renovables, rehabilitación de edificios e espazos urbanos, axuda a persoas dependentes... A conselleira Mariño apuntou que se buscarán os perfís axeitados e que se poderán rexeitar os empregos. Pero obviamente contará como unha oferta rexeitada á hora de retirar a prestación.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript