Xuño de 2013
 
 

03/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  PARA RELAXAR O LÍMITE DO DÉFICIT
 

A Troika esixe ao Estado Español recortar pensións, abaratar o despedimento e subir o IVE

Quén dixo que o Estado Español non estaba intervido?. Este mércores os que mandan puxeron as cousas no seu sitio. A cambio de permitir un certo relaxo na esixencia de cumprimento do límite de déficit, a Comisión Europea esixiu ao Estado Español que leve a cabo un recorte nas pensións antes de que remate 2013 e que endureza a reforma laboral antes de setembro de 2013.

 

  • Noticias relacionadas

 

Son dúas das principais “recomendacións” que formulou ao Goberno de Mariano Rajoy, ao que impuxo un estrito calendario acelerado de reformas previstas.
 
En materia fiscal, Bruxelas apunta a posibilidade de subir o IVE a algúns produtos aos que se aplica o tipo reducido do 10 ao 21 por cento. A Comisión, ademais, reclama acelerar o despedimento de empregados públicos e a venda de edificios estatais así como a privatización de colexios e servizos profesionais.
 
Os "inspectores" da Troika, formada pola Comisión Europea (CE), o Banco Central Europeo (BCE) e o Fondo Monetario Internacional (FMI), conclúen esta semana unha visita en Madrid para fixar cales serán os novos recortes sociais a impoñer.
 
Movementos sociais, sindicatos e partidos políticos de esquerda advirten que a Troika usa a débeda dos países como mecanismo de chantaxe e extorsión dos pobos, concedendo préstamos que endebedan por xeracións aos países receptores e sempre a cambio da aplicación de drásticas medidas que atentan contra os intereses da clase traballadora.
 
LibreRed

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript