Xuño de 2013
 
 

03/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  ANTICAPITALISMO
 

Miles de manifestantes rodean o BCE

Miles de persoas do movemento anticapitalista Blockupy cortaron este venres o acceso ao Banco Central Europeo (BCE) en Fráncfort para protestar contra a xestión da crise de débeda europea por parte dos responsables políticos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Sostendo carteis con eslóganes como "A humanidade antes que o beneficio", os manifestantes bloquearon estradas, entre elas as que levan á sede do Deutsche Bank no distrito financeiro da cidade. [MIRA A FOTOGALERÍA]
 
Os manifestantes, unhas 2.500 persoas segundo a Policía, foron recibidos por policías armados con cascos e equipación antidisturbios e cans. Había camións con canóns de auga e un helicóptero sobrevoaba a zona.
 
Polo menos 20 manifestantes levaban colchóns inchables co lema "A guerra comeza aquí" escrito. A Policía dixo que algúns tiraran pedras e houbo algúns choques nas barricadas, pero a protesta desenvólvese de forma pacífica polo momento.
 
O movemento europeo Blockupy iniciouse tras o movemento Occupy Wall Street en 2011.

"A intención deste bloqueo é evitar (que o BCE) opere con normalidade", dixo o voceiro do movemento Martin Sommer, engadindo que algunhas persoas que intentaran ira a traballar foran enviadas de volta por parte dos manifestantes.
 
Os gobernos que teñen grandes cargas de débeda recortaron o gasto e aumentaron os impostos, o que contribuíu a unha recesión xeneralizada na zona euro, mentres que moitas familias están fortemente endebedadas ou perderon a súa vivenda despois do estalido dunha burbulla inmobiliaria. A economía alemá resistiu relativamente á crise. Moitos dos bancos de Fráncfort instaron o seu persoal a tomar o venres libre tras un festivo o xoves. O BCE dixo que tomara medidas para seguir operando e asegurar a seguridade do seu persoal.
 
A manifestación, apenas un ano despois de que a Policía detivese centos de persoas por desafiar unha prohibición temporal de protestas nun evento similar na cidade, prodúcese un día antes de manifestacións convocadas en toda Europa contra a troika. Os organizadores esperan ata 25.000 manifestantes ao longo deste fin de semana de convocatoria de protestas, que de acordo co anunciado deben concluír o domingo.

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript