Xuño de 2013
 
 

03/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Aclaración á Lei do Emprego Público

Enviáronnos unhas apreciacións á redacción da Lei do Emprego Público que vos transmitimos, agradecemos, unha vez máis a vosa participación na análise de todas estas normas legais, participación que enriquece e aclara, sen dúbida, estes procedementos.

 

  • Noticias relacionadas

 

Sobre o artigo do Pasquin:
 
http://www.cutudc.com/pasquin/n189/leidoempregopublico.html
 
Avaliación do rendemento (“avaliación do desempeño”). A lei contempla un xeito perverso e carente de obxectividade, onde os xefes avaliarán o rendemento ( a “entrega”) dos seus subordinados. A carreira profesional pasa de rexerse por criterios obxectivos a obter os postos de traballo, e a súa conservación, mediante apreciacións e criterios totalmente subxectivos.

Ao estar todos os funcionarios baixo o “sometemento” do seu superior no referente á promoción e, polo tanto, ao salario, podería levar a que estes cometeran, baixo esa presión, delitos de carácter moi grave.
 

  1. Prevaricación. (Do lat. praevaricatĭo, -ōnis). 1. f. Der.: Delito consistente en ditar a sabendas unha resolución inxusta unha autoridade, un xuíz ou un funcionario.
  2. Falsidade en documento publico: artigo 390 e seguintes da Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do Código Penal.
 
Isto termina coa independencia do funcionariado, ao evitar a comisión de certos delitos negándose a asinar documentos ilegais. Loxicamente, este tipo de ordenes "nunca" se darán por escrito e polo tanto será a palabra dun contra a do outro.
 
A lei, tal e como se indica que está redactada, é inconstitucional:
 
Constitución Española, 1978
 
Artigo 103
1. A Administración Pública serve con obxectividade aos intereses xenerais e actúa de acordo cos principios de eficacia,xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación, con sometemento pleno á lei e ao Dereito.
 
2. Os órganos da Administración do Estado son creados, rexidos e coordinados de acordo coa lei.
 
3.A lei regulará o estatuto dos funcionarios públicos, o acceso á función pública de acordo cos principios de mérito e capacidade, as peculiaridades do exercicio do seu dereito á sindicación, o sistema de incompatibilidades e as garantías para a imparcialidade no exercicio das súas funcións.
 
E tamén incumpre o EBEP:
 
Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público
 
Artigo 20 A avaliación do desempeño
2. Os sistemas de avaliación do desempeño adecuaranse, en todo caso, a criterios de transparencia, obxectividade, imparcialidade e non discriminación e aplicaranse sen menoscabo dos dereitos dos empregados públicos.
 
Camiñamos cara atrás coas botas de sete leguas.

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript