Xuño de 2013
 
 

03/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo da sesión do Consello de Goberno do día 28 de maio

Aínda que na orde do día non se contemplen puntos que fagan referencia expresa ao PAS, os Consellos de Goberno transfórmanse sempre nun altofalante mediante o que o colectivo aproveita para que o resto da comunidade universitaria e o propio equipo de goberno saiban e dean resposta ás nosas inquedanzas.

 

 

Punto 1. – Informe do reitor.
 
Informe do Secretario Xeral.
 
O secretario xeral informa do acordo da Comisión Electoral (co voto en contra da representante do PAS Mª Paz Arenas) respecto da representación dos PAS nas Xuntas de Facultade e Consellos de Departamento.
 
Informe do xerente.
 
O Xerente informa dos criterios interpretativos sobre o axuste retributivo dos artigos 37 e 38 da Lei de Orzamentos da Xunta para o ano 2013.
Informa tamén de que xa se iniciou o proceso de negociación do 4º Convenio Colectivo do PAS laboral e que se están a rematar tanto as bases para a funcionarización como para os concursos.
 
Informa de que se impugnaron, polo Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, as convocatorias das prazas de Tec.superior en Prevención de Riscos Laborais, xefe de servizo, así como a de Téc. superior en Relacións Internacionais. Teñen este asunto na Asesoría Xurídica pero dixeron que, ao igual que coas prazas de docentes que tamén foron impugnadas, as defenderán xudicialmente.
 
Punto 5. – Eleccións para a cobertura de vacantes nas comisións delegadas do Consello de Goberno
 
As comisións delegadas, nas que ten participación o PAS quedan como segue:
 
Comisión de Asuntos Económicos:
Pena Pérez, Enrique José
Vieira Sousa, Nuria
 
Comisión de Extensión Universitaria:
Barreiro Daponte, Mª Carmen
Pena Pérez, Enrique José
 
Comisión de Planos de Estudos:
Pinazas Rego, Manuela
 
Punto 18. – Quenda aberta de intervencións.
 
Nuria Vieira
queixouse da execución da RPT na que se evidenciou desorganización e falta de previsión xa que, por exemplo, o mesmo día da incorporación houbo compañeiros que non sabían o lugar exacto onde se tiñan que incorporar e outros non dispoñían do equipamento necesario para poder traballar.
 
Tamén pediu que se valorase a necesidade de mover ao Campus de Elviña unha sección do Servizo de Investigación, á marxe do negociado na RPT, polos problemas de xestión que se poden producir.

 
Entendendo que unha modificación nos estatutos resulta moi complicada, pide o cambio do regulamento electoral para adaptalo á modificación da RPT de PAS funcionario, de xeito que se garanta a representación do PAS funcionario nos Consellos de Departamento e Xuntas de Facultade, posto que a modificación da RPT non pode supor un menoscabo na representación do PAS nos órganos colexiados da Universidade, e que haberá que buscar o xeito de garantila.
 
O profesor Casteleiro tamén interveu neste sentido argumentando que é máis importante o dereito a representación que a dificultade de adaptación da normativa e que seguro que hai algún xeito sinxelo de garantir ese dereito.
 
O secretario xeral garantiu que, de presentárselle unha proposta alternativa para solventar esa circunstancia, sería analizada e tida en consideración.
 
Nuria Vieira, respecto do desconto salarial, mostrou o seu acordo coa protesta que fixo, nese momento, Anxo Calvo sobre a redacción dese documento (onde se fala de "axuste do gasto improdutivo e, por iso, menos prioritario..." por exemplo). Ademais de mostrar a súa oposición á aplicación da redución establecida pola Xunta, preguntou sobre a aplicación deses criterios e se os mesmos supoñen un desconto superior ao importe das pagas adicionais do complemento específico dos meses de xuño e decembro para o persoal funcionario, dado que lles é de aplicación a instrución de confección de nóminas da xunta. A esta cuestión non houbo resposta.
 
Nuria Vieira pregunta que cómo é posible que se estableza por un lado unha rebaixa dos orzamentos con respecto a 2012 do 3,3% e sen embargo se esixa unha redución retributiva do 5% a aplicar ao persoal das universidades.
 
A vicerreitora de planificación económica e o xerente contestaron que se está a esixir unha rebaixa retributiva do 5% pero a redución no Capítulo I será do 5.4%. A universidade ten que aplicar estes criterios para a redución porque a Xunta desconta xa, desde xaneiro e mensualmente, o 5% o que está causando tensións de tesourería.
 
Nuria Vieira  pregunta si a Xunta pode non ingresar ese 5% cando hai un Plano de Financiamento aprobado e si a Universidade non pensa  xudicializar este incumprimento.
 
O reitor contesta que esa postura é a que adoptou a universidade de Valencia pero que a UDC tenta chegar a acordo e non ter que chegar a denunciar.
 
Fixéronse varias intervencións sobre as dúbidas que se crean sobre a aplicación destes criterios para todos os colectivos PDI, PAS e Contratados do Capítulo VI, persoal que, segundo o que se indicou no Consello de Goberno, estaría tamén afectado.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript