03/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


E a produtividade?
Un oficinista actual pode realizar o mesmo traballo que a principios do século XX necesitaba 50 ou 100 persoas. Un agricultor actual produce a mesma cantidade de alimentos que toda a man de obra dun pequeno pobo de hai 50 anos. A diferenza nas fábricas de coches, electrodomésticos, etc. non anda moi lonxe deses ratios.
Entón, por que só se fala de envellecemento de poboación, do ratio entre activos e xubilados e da maior lonxevidade? Estannos contando a metade da historia para facernos crer que o sistema de pensións é insostible e obrigarnos a "complementalo con sistemas privados.
Que pasará na seguinte crise cando os grandes fondos de pensións quebren e os de sempre queden co diñeiro aforrado para esas pensións?
Levan xa anos coa cantilena de que o sistema de pensións é insostible, pero por que vai ser menos sostible que darlles os aforros de toda unha vida a empresarios que xa demostraron o que son capaces de facer co diñeiro dos demais en beneficio propio? Pista: son os mesmos que ofreceron participacións preferentes a persoas maiores como depósitos a prazo fixo.

A Sustentabilidade xustificación para todo
Agora non se poden montar expedicións ao grande para descubrir continentes nos que saquear os seus recursos naturais e reducir ás súas poboacións á servidume porque queda feo, así que cando o capitalismo sofre unha desas "destrucións creativas" que din os seus expertos fans (crise, en linguaxe vulgar), para evitar o colapso hai que inxectar capital de onde sexa. E posto que xa non podes recorrer a colonias, imperios e demais extorsións e roubos a man armada tan descarados, inxectas ese capital da túa propia poboación mediante "reformas", "axustes", "rescates" e demais experteces exquisitas. É dicir, fas a acumulación orixinaria asaltando os sistemas públicos de saúde, ensino, obras públicas e, por suposto, pensións. Non importa que grazas á tecnoloxía e a formación a produtividade triplique a de fai non xa séculos, senón trinta anos, porque do que se trata é conseguir outro primo que che preste as súas moedas para seguir botando na comecartos. Cando a terra era o valor máis seguro, expropiárona e cercárona en nome da "liberdade". Hoxe, róubante e escravizan en nome da "sustentabilidade". O que sempre parece "sostible" é regalar á oligarquía o traballo e os recursos comúns.

Nacionalización!
O tándem, banca-Facenda, encárganse de desplumarnos. Recordemos que todo empezou coas hipotecas subprime e, tamén precisamente, a situación de pre-quebra dos fondos de investimento en plans de pensións privados (ver Viçens Navarro: http://elpais.com/elpais/2013/01/30/opinion/1359549279_386516.html e outros)). Igualmente, a privatización da sanidade pública, lévate aos seguros privados dos que, ou ben por razóns de rendibilidade persoal ou por idade podes quedar excluído. Non obstante, isto, para o meu, a solución pasa pola nacionalización da banca, é dicir, toda unha revolución.Saúdos

Todo para a “iniciativa” privada
Nin as pensións, nin a sanidade, nin a educación. Acabo de escoitar na radio ao amigo Rosell reclamando que a "iniciativa" privada entre a saco na educación e a sanidade para cortar o "excesivo" gasto. Unha idea caralluda que non sei como non se lle ocorrera a ninguén antes. Nós pagamos e eles "xestionan". E se a cousa vai mal, facemos como coas autoestradas, que as quede papá Estado. Tampouco debe disuadirnos que o país coa medicina máis privatizada, Estados Unidos, sexa tamén o que ten maior gasto sanitario por habitante. Van a por todo coa escusa do "gasto". Que xestionen os seus hospitais e centros de ensino (moitos deles subvencionados coa escusa do "concerto") e que saquen as mans do que non é seu.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript