Xuño de 2013
 
 

03/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  CRISE CAPITALISTA
 

FMI, Banco Mundial e OCDE admiten un grande aumento de desigualdade social no mundo

Segundo reflicten datos puramente estatísticos destes organismos, a consolidación do capitalismo durante estas dúas últimas décadas desencadeou un aumento importante da desigualade social no planeta.

 

  • Noticias relacionadas

 

Tras a desintegración da Unión Soviética a principios dos 90, o sistema capitalista gozou de 20 anos de amplo e cómodo despregamento na maioría do mundo.
 
Hoxe, sectores clave como a Educación, a Sanidade e os servizos básicos (auga, luz, gas e transporte) están a ser desmantelados e privatizados a marchas forzadas. Fulmínanse mes a mes as |marcas de desemprego e experiméntanse índices de pobreza e desigualdade social alarmantes.
 
E é que esta realidade queda reflectida en fríos pero demoledores datos. Segundo informes do Banco Mundial, o 8 por cento das persoas que dispoñen de maiores recursos no mundo acaparan ata o 50 por cento de todos os ingresos do planeta.

Outro dato que ofrece o legado destes últimos 20 anos de libre mercado é que o segundo país máis pobre e o segundo máis rico do planeta son, respectivamente, Burundi, con 271 dólares, e Luxemburgo, con 114.232 dólares anuais per cápita, unha brecha abismal.
 
Pola súa banda, o economista Branko Milanovic, nun estudo para a revista Global Policy sobre a desigualdade de ingresos no mundo constatou que o 1 por cento máis rico da poboación mundial posúe case a metade de todos os activos persoais. Este selecto grupo, especifica Milanovic, está integrado nun 12 por cento por estadounidenses e entre un 3 e un 6 por cento por cidadáns de Reino Unido, Xapón, Alemaña e Francia.
 
E por se houbese algunha dúbida en torno á desigualdade social xerada polo capitalismo, o economista advirte tamén que o 1 por cento das persoas máis ricas do mundo viron aumentar os seus ingresos en máis dun 60 por cento en dúas décadas, mentres que os ingresos do 5 por cento dos habitantes máis pobres do planeta, non experimentaron mellora ningunha en canto aos ingresos.
 
Pero quizais o fenómeno máis preocupante é que se trata dun proceso que se acelera. Un informe recente da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) mostra como as políticas capitalistas están a aumentar drasticamente a brecha entre ricos e pobres. As desigualdades aumentaron máis entre 2007 e 2010 que nos 12 anos precedentes. Ata a propia OCDE recoñece que as medidas neoliberais están a incrementar a pasos axigantados a desigualdade social no mundo.
 
Outra institución de recoñecido corte neoliberal, o Fondo Monetario Internacional (FMI), admite que se está a agravar a brecha entre ricos e pobres e ofrece un dato arrepiante: actualmente o 0,5 por cento da poboación mundial controla o 35 por cento da riqueza.
 
LibreRed

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript