Xuño de 2013
 
 

03/06/2013

   CUTUDC / Novidades

  30 DE MAIO
 

Éxito total da Folga Xeral en Euskal Herría

Os sindicatos e organizacións sociais convocantes da folga xeral valoraron positivamente o amplo seguimento que tivo a xornada de folga xeral en Hego Euskal Herria. Segundo indicaron, o paro foi secundado de xeito moi xeneralizado nos diferentes sectores e empresas e máis de 85.000 pesonas participaron nas mobilizacións que se desenvolveron ao longo da mañá.

 

 

Nunha rolda de prensa celebrada en Bilbo pola tarde, o secretario de Comunicación de ELA, Patxi Agirrezabala, e a responsable de Servizos Públicos de LAB, Arantxa Sarasola, afirmaron que o paro foi «total» (un seguimento de máis do 70%) no 41% das empresas industriais con máis de 50 traballadores e que noutro 20% destas o seguimento se situou entre o 30 e o 70%.
 
No sector público, estimaron que o seguimento foi «xeneralizado» aínda que foi desigual por bisbarras, con máis incidencia no ensino e a Administración local e foral, especialmente en Gipuzkoa e nalgunhas biscaíñas como Busturialdea e Durangaldea, e menor en Osakidetza, polos elevados servizos mínimos e «a de por si escasa dotación de persoal» tras os recortes realizados.
 
No transporte público, EuskoTren funcionou só cos servizos mínimos, no metro de Bilbo a incidencia foi «significativa» e nos autobuses de Gasteiz o paro chegou ao 60%.
 
Na construción, pararon todas as cementeiras e nas obras a folga foi «total» en Gipuzkoa e «moi importante» en Bizkaia e Araba, segundo os sindicatos.
 
A dirixente de LAB Arantxa Sarasola destacou que esta folga supón un «grande impulso para pasar da resposta aos recortes á batalla pola alternativa» ás políticas que se aplican dende que comezou a crise e que os sindicatos convocantes resumen na Carta de Dereitos Sociais para Euskal Herria que comezaron a elaborar.
 
Pola súa banda, o responsable de comunicación de ELA, Patxi Agirrezabala, subliñou a «rotunda resposta» dada nas empresas e nas rúas, que demostrou que «a clase traballadora está disposta a responder aos ataques dos poderes políticos e patronais».
 
En canto á resposta da clase traballadora, detallaron que unhas 85.000 persoas participaron nas mobilizacións que se desenvolveron a mediodía nas catro capitais e noutras localidades.
 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript