Maio de 2013
 
 

27/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  REPRESIÓN POLICIAL
 

A Policía detén nos seus domicilios en Madrid dous fotógrafos de medios 'alternativos'

A Policía Nacional detivo o mércores en Madrid aos fotógrafos de prensa Raúl Capín e Adolfo Lujan acusados de atentado á autoridade e desordes públicas durante manifestacións recentes. O xornal ABC denunciara a existencia de fotógrafos infiltrados nas protestas para agredir os axentes e provocar altercados.

 

  • Noticias relacionadas

 

Capín, autor da foto que ilustra o artigo durante o escrache a Gallardón do día anterior, foi detido no seu domicilio, colabora con 'Mundo Obrero' e 'Diario Independente Dixital' e fora identificado en varias ocasións pola Policía.
 
O colectivo 'FotogrAcción' emitiu un comunicado no que afirma que "a prensa e o dereito á información foron censurados unha vez máis, ao igual que os centos de cidadáns que se están a intentar silenciar en cada manifestación, escrache, concentración... ante a actuación desaforada e violenta das forzas e corpos de seguridade".
 
"Raúl e Adolfo son testemuñas incómodas dos diferentes abusos cometidos nesta nosa cidade contra aquelas persoas que menor capacidade teñen para defenderse dos desmandos da autoridade", sinala o escrito.
 
El Ventano

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript