Maio de 2013
 
 

27/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Recorte salarial

A Universidade acudiu á reunión do pasado mércores co PAS intentando aparecer como un mero intermediario entre a Xunta (que decide o recorte e indica como realizalo) e os traballadores e traballadoras.

 

 

Non podemos pasar por iso, a Universidade ten a responsabilidade derivada da súa autonomía e ten que exercela. Non podemos consentir que sempre sexamos os mesmos os que suframos, dun xeito máis importante, as medidas que recortan os nosos salarios aínda que o decidan en Madrid ou en Compostela.
 
Na universidade hai moito onde aforrar. O plus de altos cargos retirado pola Xunta o ano pasado, na Universidade segue pagándose, o despilfarro no gasto segue a producirse como nas mellores épocas. Seguen a mercarse ordenadores e teléfonos de última xeración sen que ninguén poña coto ao malgasto, hai que controlar o gasto aínda que proceda dos proxectos de investigación. Para controlalo é imprescindible un servizo único de compras (díxoselle xa ao reitor).
 
O PAS proporciona un aforro significativo ás arcas da UDC, en canto se realice a proxectada funcionarización, o aforro directo superará os 500.000€. A Universidade recórtanos diariamente, postos de traballo que non se cobren, persoal contratado de xeito precario, externalizacións de servizos…
 
Tampouco se pode esquecer que a Universidade seguirá percibindo o mesmo que o contemplado no Plan de Financiamento só que, no canto de recibilo directamente da Xunta recórtasenos aos traballadores e traballadoras. A onde irá a parar ese 5% que se nos desconta?. Tamén teremos algo que dicir no que se inviste. Poida que se empregue de xeito que os que perden porque lles desconten en nómina reciban por outro lado?.
 
Temos que exercer a nosa función e defender os intereses dos e das que representamos.
 
Estaremos atentos.
 
Criterios interpretativos sobre o axuste retributivo das entidades integrantes do SUG previsto nos artigos 37 e 38 da Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript