Maio de 2013
 
 

27/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
 

O Recorte salarial na USC

Segundo nos informan os compañeiros da USC, na segunda xuntanza da Comisión Negociadora para aplicación do recorte salarial, realizada o mércores pasado, a Xerencia informoulles que o recorte derivado das instrucións emitidas pola Xunta significará que as nóminas entre xuño e decembro sufrirán un recorte de entre 1.000 e 3.000 euros.

 

  • Noticias relacionadas

 

A xerencia indicou que, como dixera na primeira reunión, a compensación tería que incluír 600.000€ adicionais para a USC o que faría que o recorte, na Universidade Compostelá tería que alcanzar o 5,4% da masas salarial. A proposta realizada pola xerencia contempla que o traballador/a que perciba 20.000 euros ao ano, tería un recorte de 1.000euros, que se descontarán nos vindeiros 6 meses. Para os/as que cobren 40.000 euros o recorte suporía uns 3.000 euros. A proposta faise en base ás directrices da Xunta de Galicia.
 
A porcentaxe media de recorte sería do  4,91% para o PDI funcionario, para o PDI laboral do 3,98%, para o PAS funcionario do 4,63% e para o PAS laboral do 4,54%, alcanzando, deste xeito, o 4,73% da masa salarial
 
A Xerencia quere penalizar, tamén a outros colectivos (Capítulo IV e VI)  que non entran no Capítulo I e, polo tanto, no cálculo da masa salarial.
 
Nin que dicir ten que os representantes do PAS rexeitaron a proposta.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript