Maio de 2013
 
 

27/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

Protestas por peche de 50 escolas públicas en Chicago, todas en barrios humildes

A Xunta de Educación de Chicago votou este mércores a favor de pechar 49 escolas de educación primaria, o que representa un dez por cento de todos os recintos escolares da cidade, no que sería o maior peche masivo de colexios da historia de Estados Unidos.

 

  • Noticias relacionadas

 

As autoridades locais xustifican esta medida argumentando que hai unha diminución nas matrículas escolares e que ademais existe un déficit de mil millóns de dólares que enfronta o sector escolar.
 
A presidenta do sindicato de mestres, Karen Lewis, considerou que é "un día de loito" para os nenos de Chicago.
 
O alcalde Rahm Emanuel declarou que " sei que é moi difícil, pero creo firmemente que o máis importante que podemos facer como cidade é proporcionar á próxima xeración un futuro mellor" agregou que "hai un arduo traballo por diante, pero estou seguro de que xuntos co apoio de mestres e directores de escola, pais de familia e a comunidade, nosos, fillos van ter éxito".
 
Os peches destas escolas terán lugar en barrios principalmente hispanos e afroamericanos, o que xerou numerosas protestas ao longo dos últimos meses. Os que se opoñen á medida din que esta afecta desproporcionadamente a veciñanzas de minorías e que poñerán en perigo a educación de nenos provenientes de familias de baixos recursos.
 
Durante a audiencia nas oficinas das "Escolas Públicas de Chicago" CP pola súa sigla en inglés, estiveron presentes pais, mestres, estudantes e membros da comunidade de Chicago, protestando pola aplicación destas medidas.
 
A policía detivo a decenas de manifestantes que bloquearon a entrada ao edificio e os accesos aos elevadores do CP
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript