Maio de 2013
 
 

27/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALICIA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

A Lei do Emprego Público non pode pasar!

A Lei do Emprego Público será, se non o impedimos, unha nova agresión a todos os traballadores e traballadoras da Administración Pública Galega. O seu nacemento e os primeiros pasos dados pola Conselleira de Facenda certifícano.
 
Nesta última tempada a Conselleira recibiu, por separado, aos sindicatos que forman parte da Mesa Xeral aos que xa adiantou que a Lei non vai cambiar substancialmente, aínda que formalmente apele á negociación.

 

 

Artigo 8. Persoal das Universidades públicas galegas
 
No que respecta ás universidades públicas galegas, esta lei é de aplicación unicamente ao seu  persoal de administración e servizos.
 
Como vedes a nova Lei, se non a botamos abaixo afectaranos directamente. Unha afronta máis á autonomía universitaria e aos nosos dereitos adquiridos,  mesmo á negociaciación, non teremos nada que negociar coa institución porque todo o transcendente nolo impoñerán desde a Xunta de Galicia.
 
Sen ir máis lonxe os acordos sobre carreira profesional, promoción interna, retribucións… poden ser papel mollado.
 
A lei prevé cambios na asignación de efectivos, contempla a mobilidade forzosa en todo os postos e en todas as consellerías e entidades públicas no caso da supresión dun posto.
 
Persoal directivo. A lei quere servir, de paso, para converter cargos políticos en empregados públicos, reservándolles o acceso aos máis altos postos da administración, sen que operen os principios xerais para o acceso ás prazas (oposición ou concurso oposición) preténdese que a lei serva de sustento legal para os nomeamentos dixitais dos amigos do goberno de turno.
 
Avaliación do rendemento (“avaliación do desempeño”). A lei contempla un xeito perverso e carente de obxectividade, onde os xefes avaliarán o rendemento ( a “entrega”) dos seus subordinados. A carreira profesional pasa de rexerse por criterios obxectivos a obter os postos de traballo, e a súa conservación, mediante apreciacións e criterios totalmente subxectivos.
 
O proxecto de lei tamén contempla a remoción do posto obtido en concurso derivada dunha avaliación negativa da súa realización.
 
Regúlanse dous tipos de concurso, o concurso xeral, que seguirán os procedementos establecidos até agora e aparece o Concurso específico (para as prazas que eles decidan), onde a entrevista persoal será un factor determinante convertendo os principios de igualdade, mérito e capacidade nun mero formalismo.
 
O proxecto contempla a eliminación do límite temporal nas comisións de servizo. Agora o límite é de dous anos.
 
Réxime disciplinario. Artigo 184, no apartado dous contémplanse faltas que non están recollidas no EBEP, incluíndo neste artigo, por exemplo:
 
e) A realización de actos encamiñados a coartar o libre exercicio do dereito ao traballo de quen non queira participar nunha folga.
 
O que da a imaxe real do carácter coercitivo e ideolóxico da lei.
 
Estrutura salarial. Na nova estrutura salarial que se contempla no proxecto de lei, desaparecen os complementos de destino e o específico substituíndoos por complemento de posto de traballo, complemento de carreira e complemento de desempeño. Seguindo a filosofía de que : “os superiores saben mellor que ninguén avaliar o desempeño dos subordinados”.que se aplicará na avaliación individual o complemento de carreira e o complemento de desempeño estarán vinculados a esa avaliación.
 

Estrutura salarial actual

Estrutura salarial nova

Soldo base

Soldo base

Trienios

Trienios

Complemento específico

Complemento do posto de traballo

Complemento de destino

Complemento de carreira
depende da avaliación individual

Produtividade

Complemento de desempeño
depende da avaliación individual

 
Retribucións diferidas, A administración facúltase para destinar parte das nosos salarios a fondos privados de pensións ou contratos de seguro colectivos que inclúan a cobertura da continxencia de xubilación para o seu persoal, polo tanto, outórgase a potestade de determinar onde se ingresan parte das nosas retribucións para favorecer, unha vez máis, aos seus amigos banqueiros.
 
Plus de altos cargos. A lei recupera o denominado plus de altos cargos (na Universidade da Coruña nunca se deixou de pagar) un sobresoldo para toda á vida laboral do “persoal de confianza”, que supón un insulto para todos os traballadores e traballadoras da administración pública, e para a sociedade á que, en épocas como esta se lle esixen sacrificios mentres que a estes acólitos do poder se lles premia a súa fidelidade cun soldo adicional, laboral e eticamente impresentable.
 
Conclusión
 
A nosa posición é de rexeitamento frontal a este proxecto de lei pois:
 
Elimina, de raíz a autonomía universitaria. Esiximos da UDC que, defenda ese principio e esixa a retirada de todo o articulado que vaia contra ese principio.
 
Esiximos, tamén, dos sindicatos chamados a “negociar” que rexeiten expresamente a negociación do proxecto de lei sobre estas bases e que esixan á Xunta a elaboración doutro anteproxecto radicalmente diferente.
 
Esperamos que, unha vez máis, a “negociación” non se converta nunha, cesión, venta ou trapicheo onde a moeda de cambio sexan os dereitos dos traballadores e traballadoras da Administración Pública de Galicia.
 
Reclamamos de todos os sindicatos, estean presentes ou non nas mesas de negociación, a unidade necesaria para facerlle fronte a este novo ataque do PP que como se deduce do exposto anteriormente ten un marcado compoñente ideolóxico, despreza os dereitos máis elementais dos traballadores e traballadoras da Administración Pública de Galicia e senta as bases de futuros recortes.

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript