Número 189 - 27 de maio de 2013
 
 

XUNTA DE GALICIA - ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

A Lei do Emprego Público non pode pasar!

    A Lei do Emprego Público será, se non o impedimos, unha nova agresión a todos os traballadores e traballadoras da Administración Pública Galega. O seu nacemento e os primeiros pasos dados pola Conselleira de Facenda certifícano.
     
    Nesta última tempada a Conselleira recibiu, por separado, aos sindicatos que forman parte da Mesa Xeral aos que xa adiantou que a Lei non vai cambiar substancialmente, aínda que formalmente apele á negociación.

UNIVERSIDADE

    A Universidade acudiu á reunión do pasado mércores co PAS intentando aparecer como un mero intermediario entre a Xunta (que decide o recorte e indica como realizalo) e os traballadores e traballadoras.

FERROL - RESIDENCIA UNIVERSITARIA

SANIDADE EN LOITA

    Profesionais e pacientes seguen adiante coa súa idea de levar a Bruxelas os votos solicitados durante a Consulta pola Sanidade celebrada entre o 5 e o 10 de maio. A Marea Branca reunirase este xoves no Hospital Clínico para ultimar os detalles do traslado de "a vontade da cidadanía ás institucións". Dos 935.794 participantes, un 99,3% votou en contra da privatización de hospitais e ambulatorios.

PRAZA RANA - Juan Hernández Zubizarreta

    Por que o Goberno español e a UE non aproban un marco normativo onde as transnacionais sexan obrigadas a respectar os dereitos humanos en todos os lugares onde actúen?
     
    O derrubamento do edificio Rana Praza en Bangladesh provocou polo menos 1.022 mortos e 2.437 feridos, que se suman a máis de 600 mortos e 2.000 feridos nos últimos sete anos por incendios en fábricas textiles.

INTERNACIONAL

    A Xunta de Educación de Chicago votou este mércores a favor de pechar 49 escolas de educación primaria, o que representa un dez por cento de todos os recintos escolares da cidade, no que sería o maior peche masivo de colexios da historia de Estados Unidos.

LOMCE

    A Comisión Permanente da Conferencia de Decanos de Facultades de Educación, Pedagoxía e Educación Social elaborou un documento no que critican que o proxecto de Lei Orgánica da Mellora da Calidade en Educación (LOMCE) "retrotrae ao pasado", promove a "segregación temperá" do alumnado e deixa "claramente en suspenso" a perspectiva da inclusión e da "escola para todos".

#15M

    O 15 M criminalizouse coa "vontade de deslexitimar a mobilización social ao sinalala como violenta", explica a avogada Adoración Guamán. A criminalización produciuse a través de detencións policiais e sancións administrativas. Non obstante, en moitos casos, cando os procedementos abertos chegan aos tribunais, os indicios violentos quedan en papel mollado e mesmo se dá a razón aos manifestantes.

REPRESIÓN POLICIAL

    A Policía Nacional detivo o mércores en Madrid aos fotógrafos de prensa Raúl Capín e Adolfo Lujan acusados de atentado á autoridade e desordes públicas durante manifestacións recentes. O xornal ABC denunciara a existencia de fotógrafos infiltrados nas protestas para agredir os axentes e provocar altercados.

OPINIÓN . Isaac Rosa

    O da loita contra os paraísos fiscais estase a converter nunha cantinela periódica de gobernos e organismos internacionais, máis ou menos como a loita contra a fame ou contra o cambio climático: cada pouco tempo convocan reunións, anuncian plans, prometen obxectivos, e logo todo se esquece. Ata que, un par de anos despois, como todo segue igual (ou peor), volven convocar reunións, anunciar novos plans e prometer renovados obxectivos. Xa digo, igual que a fame ou o cambio climático.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
    Segundo nos informan os compañeiros da USC, na segunda xuntanza da Comisión Negociadora para aplicación do recorte salarial, realizada o mércores pasado, a Xerencia informoulles que o recorte derivado das instrucións emitidas pola Xunta significará que as nóminas entre xuño e decembro sufrirán un recorte de entre 1.000 e 3.000 euros.
 PLATAFORMA DE AFECTADOS POLA HIPOTECA
    Primeiro concederon hipotecas abusivas. Logo desafiuzaron, quedaron cos pisos e continuaron reclamando unha débeda criminal. Coa entrada en vigor da nova lei de aluguer (LAU) antepóñense de novo os intereses dos novos propietarios, os bancos, por enriba do dereito a unha vivenda digna da cidadanía.
 FERROL: PISOS BALEIROS E VECIÑAS SEN CASA
    "Pensaba que nunca na miña vida ía ter unha casa". Silvia Conchado ten 23 anos, un marido que lle saca un puñado de euros á chatarra e nas mareas e tres pícaros de nove, oito e tres anos. Desde que se casou viviu apertada no piso dos seus sogros coa súa prole e dous cuñados.
 AMNISTÍA INTERNACIONAL
    Os Gobernos ocúpanse máis de protexer as súas fronteiras que de respectar os dereitos dos cidadáns e dos pretendentes de recibir o estatuto de refuxiado, di un informe que a ONG Amnistía Internacional publica este xoves.
 LIBRO EDUCACIÓN PÚBLICA: DE TOD@S PARA TOD@S
    O texto que aquí presentamos -tras a recente Folga Xeral Educativa do 9 maio- é un "informe colectivo" sobre a reforma universitaria, redactado coa información dispoñible a data de Decembro de 2012.
 PECHE DE INTERINOS ANDALUCES
    Cúmprese unha semana do encerro indefinido da Plataforma de Docentes Interinos Andaluces. Seguen esixindo o mesmo: reincorporación ao sistema educativo, pero o seu interlocutor nunha hipotética negociación non deu sinais de vida
 DESAFIUZAMENTOS=ASASINATOS
    Un home de 53 anos suicidouse o pasado luns aforcándose dunha árbore na súa casa de Chiclana, Cádiz, ao non poder facer fronte aos pagamentos da súa hipoteca que lle reclamou o banco.
 LINGUA-ProLingua . Mercedes Queixas
    Viaxo en tren á casa camiño desa Compostela para min sempre de ida e volta. Unha xornada completa a escoitar palabras, testemuños, experiencias colectivas que falan de vida escolar e linguas, porque pouco antes concluían os XIV Encontros para a normalización lingüística, un foro referencial de análise, reflexión e debate ao redor da evolución sociolingüística do país, que dirixiran este ano a súa focaxe cara as luces e sombras deitadas, transcorridos xa trinta anos da aprobación por unanimidade da Lei de normalización lingüística.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      EFECTOS COLATERAIS DO PARO

       
        LOMCE

         
          A LOMCE É A LEI DO OPUS DEI

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            22 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript