Maio de 2013
 
 

27/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  DESAFIUZAMENTOS=ASASINATOS
 

Un home suicídase en Cádiz ao non poder pagar a súa hipoteca

Un home de 53 anos suicidouse o pasado luns aforcándose dunha árbore na súa casa de Chiclana, Cádiz, ao non poder facer fronte aos pagamentos da súa hipoteca que lle reclamou o banco.

 

 

Na media noite do pasado luns, un mozo recibía unha chamada telefónica do seu pai para dicirlle que xa "non" podía seguir con isto". Pouco despois, ao acudir á casa encontrouse o seu proxenitor colgado dunha árbore.
 
M.C.P. levaba loitando tres anos contra unha grave enfermidade pola que se lle recoñecía unha minusvalidez. Xunto á súa esposa, tamén minusválida, e os seus seis fillos non podían facer fronte aos pagamentos da hipoteca contraída co Banco Popular para adquirir a vivenda.
 
O home levaba máis dun ano sen poder facer fronte ao pagamento da hipoteca, cunha cota de 1.300 euros. O falecido contaba cunha pensión por minusvalía de 940 euros e a súa esposa, outra de 360 euros. Só un dos seis fillos tiña traballo.
 
O luns día 20, M.C.P. recibía un burofax dende a entidade bancaria onde lle pedían que no prazo de dous días aboase 163.000 euros. A esposa decidiu mudarse cos seus fillos á casa dun familiar ao sentirse impotentes para seguir habitando a vivenda onde o seu pai quitou a vida e da que ían ser desafiuzados.
 
A Asociación de Afectados pola Hipoteca convocou unha concentración fronte á entidade bancaria para o próximo luns 27.
 
El Ventano

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript