27/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


Descompoñeranse
Ou moito me equivoco ou o Partido Popular rematará morrendo de éxito, dese éxito que a maioría absoluta lles entregou en bandexa para que puidésemos ver a verdadeira cara do "partido dos traballadores" Cospedal dixit. Cando se empezaron a levantar as alfombras, porque o despeito é un virus que infecta a todo o que o sente, o máis descarnado da crúa realidade saíu á luz e iso, que tapado non producía olor, empezou a descompoñerse e o fedor faise insoportable.
Rematarán por escindirse, refundarse ou descompoñerse como a súa propia porcallada, o que teño claro é que non volverá nunca máis a ser o partido que foi, o partido ao que once millóns de españois prestaron o seu voto porque sabían gobernar como Deus manda, con sentido común e sentido da responsabilidade. Para mexar e non botar gota imos.

O poder ten reposto
Que lle vaia tan mal ao PP non importa. O Poder (o de verdade), está tranquilo. Non lle importará queimar as pontes do PP porque sabe que, por regra xeral, a cidadanía somos o suficientemente alienados-covardes-estúpidos como para castigar estes da extrema dereita colocando no poder á outra dereita: a socialdemócrata (PsoE). Unha simple ollada aos resultados nas últimas eleccións nos países «PIGS», máis castigados aínda que o noso, corrobórao.

Estes políticos, son uns dexenerados e teñen un morro que o pisan.
Agora quérennos convencer de que, a repartición do botín se chama, sobresoldos.
Ás comisións ilegais ou subornos pola concesión de contratos en fraude de Lei, chámano doazóns a partidos políticos, iso se, fraccionadas para que parezan legais.
Cando obrigan aos cidadáns a pasar fame e mesmo a suicidarse desesperados por non ter medios para subsistir nesta xungla, eles desvalixan as arcas do Estado beneficiando aos ricos para compensar as súas perdidas na bolsa e manter os seus bancos abertos para que sigan xogando, e así unha, e outra vez, destapes a pota que destapes todas cheiran a podre.
E a única sensación que che queda é que se hai políticos que non meteron a man na caixa é por que non tiveron a oportunidade de facelo e sálvese quen poida.
Din que estas cousas se arranxan dende dentro, pero eu non mo creo, o que estou a ver é que dende dentro o que se fai é tapalo, escondelo, camuflalo para que non se vexa e seguir facéndoo.
Mentres tanto a sociedade, segue tendida baixo a figueira esperando que a breva madura se desprenda da árbore e lle caia na boca.

A tarta aínda non se rematou
Agora repártese entre menos comensais. Só con botar unha ollada polos grandes negocios - bancos,fraude fiscal, sanidade, educación, itvs, autoestradas, etc. etc. - vemos que isto non só non rematou, senón que se perpetua: é o sistema capitalista. Por outra parte, o que se aprecia é a afloración do mamoneo, do pelotazo e, en definitiva, a xeneralización da corrupción. O nivel das auga fecais. Por moi atado e protexidos que se crean, ou " xogamos todos ou rompemos a baralla". A Asnar e aos seus máis achegados débelles alcanzar xa ao nó da súa gravata.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript