Maio de 2013
 
 

27/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  AMNISTÍA INTERNACIONAL
 

Os dereitos dos cidadáns preocupan pouco aos Estados, afirma Amnistía Internacional

Os Gobernos ocúpanse máis de protexer as súas fronteiras que de respectar os dereitos dos cidadáns e dos pretendentes de recibir o estatuto de refuxiado, di un informe que a ONG Amnistía Internacional publica este xoves.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo este documento, que fai o balance da observancia dos dereitos humanos en 2012, os emigrantes e os refuxiados que se viron obrigados a abandonar os seus fogares a raíz de conflitos armados na súa patria, sufriron máis que outras categorías de persoas a violación dos seus dereitos.
 
Uns 214 millóns de persoas convertéronse en refuxiados en 2012, dende Corea do Norte ata Malí e dende Sudán ata a República Democrática do Congo, segundo Amnistía Internacional.
 
"Os dereitos das persoas que foxen dos conflitos (armados) non se protexen. Moitos Estados, en vez de limitarse a tomar medidas lexítimas de control fronteirizo, violan os dereitos humanos en prol de controlar a migración", declarou o director xeral de Amnistía Internacional, Salil Shetty.
 
Afirmou que millóns de inmigrantes e refuxiados sofren unha burda violación de dereitos humanos, dende traballo forzoso ata violencia sexual.
 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript