Maio de 2013
 
 

27/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  PECHE DE INTERINOS ANDALUCES
 

Sen rastro da Consellaría

Cúmprese unha semana do encerro indefinido da Plataforma de Docentes Interinos Andaluces. Seguen esixindo o mesmo: reincorporación ao sistema educativo, pero o seu interlocutor nunha hipotética negociación non deu sinais de vida

 

  • Noticias relacionadas

 

Despois de sete días, os docentes que participan nesta reivindicación teñen unha máxima: dar contido ao encerro. Seguindo este lema, unha semana deulles para moito. A esixencia principal segue sendo a mesma: readmisión dos 4.502 interinos que este ano se viron fóra do sistema educativo. "De ánimo estamos igual que ao principio", cóntanos Olga Gómez, membro da Plataforma "levamos unha semana, pero todos os apoios que estamos a recibir de todas partes do Estado fannos ter forzas para seguir adiante". O AMPA do centro, os veciños do barrio do Polígono San Pablo, membros da Asemblea do 15 M, fotografías de profesores que chegan dende todo o territorio estatal e sindicatos como USTEA, CGT e SAT que visitou o centro fan que as enerxías sigan intactas. Noticias e visitas de todos, menos dos interlocutores nun posible acordo. "Cero negociacións coa Consellaría de Educación, non se puxeron en contacto connosco, nin deron ordes directas á directora do centro sobre como actuar con respecto a nós, só que informe á Inspección", nos di Olga. Pero, contemplaron a posibilidade de que a Consellaría non dea sinais de vida? "Claro. Nós sentámonos dúas veces a negociar e cremos que xa achegamos solucións. Pero iso si, podemos dar unha volta de rosca a nivel de presión", asegura Olga. Dende DIAGONAL puxémonos en contacto coa Consellaría de Educación e confírmannos que a Conselleira non se manifestou sobre o encerro.
 
Clases de apoio gratuítas
 
Parten da idea de que os recortes en educación, veñan do goberno central ou o autonómico, afectan á calidade, afectan aos e as mozas que asisten a centros públicos. "Queremos facer cousas por mellorar esa calidade e xa estamos a actuar. O pasado mércores tivemos unha asemblea coas nais e pais para ofrecerlles clases de apoio gratuítas. Sabemos que San Pablo é un barrio que o está a pasar moi mal coa actual situación económica e queremos cubrir na medida das nosas posibilidades esas necesidades", afirma Olga.
 
Ademais das clases, estes profesores están a intentar mellorar as instalacións do centro, "está peor do que pensabamos, di Olga. Van plantar cepas de árbores cedidas por Ecoloxistas en Acción e organizar un horto entre outras cousas. "Eles recortan, nós sementamos".
 
As Mareas conflúen en "Las Aguas"
 
Hai mellor sitio para celebrar un encontro andaluz de Marea Verde que un instituto ocupado que se chama "Las Aguas"? A resposta é obvia. Este fin de semana o movemento por un ensino público de calidade dáse cita en Sevilla para mostrar o seu apoio aos 4.502 interinos e planear o calendario de actuación de cara ao futuro.
 
Diagonal Periódico

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript