Maio de 2013
 
 

27/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  #15M
 

Ningún dos 447 detidos en protestas do 15 M en Madrid foi condenado

O 15 M criminalizouse coa "vontade de deslexitimar a mobilización social ao sinalala como violenta", explica a avogada Adoración Guamán. A criminalización produciuse a través de detencións policiais e sancións administrativas. Non obstante, en moitos casos, cando os procedementos abertos chegan aos tribunais, os indicios violentos quedan en papel mollado e mesmo se dá a razón aos manifestantes.

 

  • Noticias relacionadas

 

NEn varios casos os xuíces ditaron o sobresemento provisional e arquivo das causas contra os imputados. "A Xustiza está a recoñecer que a maioría desas detencións son arbitrarias e inxustificadas", sinala un dos seus representantes.
 
"Aos xuíces estanlles a faltar arrestos para non só arquivar os casos, senón tamén para imputar aos policías, ben por falsas denuncias, ou ben por detencións ilegais ao deter xente por faltas", din os avogados, cando por unha falta non se pode levar a cabo unha detención.
 
Tamén o Comité Antitortura do Consello de Europa puxo o foco sobre as actuacións policiais vinculadas co 15 M. No seu último informe, a institución europea denunciou o "abuso de forza" por parte da Policía no desaloxo, o 27 de maio de 2011, da acampada na Praza de Catalunya de Barcelona, pero ningún axente foi sancionado.
 
El Ventano

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript