Maio de 2013
 
 

20/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  PIDEN PRORROGAR O PRAZO PARA PAGAR AS MATRÍCULAS
 

Ocupan a reitoría da Complutense

O prazo tope establecido pola Comunidade de Madrid para facer fronte á matrícula vencía o pasado 15 de febreiro, pero a Universidade Complutense de Madrid (UCM) prorrogouno e fixou como data límite o domingo 19 de maio. Os estudantes estiman que 2.000 persoas non poderán facer fronte ao pagamento antes desa data a unhas matrículas que se incrementaron un 66% de media.

 

 

 

Por este motivo, un grupo de estudantes encerrouse no edificio da reitoría, onde pretenden premer para que se prorrogue novamente o prazo ata setembro. Tamén esixen a creación por parte da universidade dun fondo de bolsas de "emerxencia estudantil" así como a posibilidade de pagamento fraccionado da futura matricula de setembro, tal e como conseguiron recentemente en Sevilla.
 
Mentres esperan a resposta a esta proposta que presentaron no reitorado avalada por máis de mil firmas, os estudantes permanecen no edificio. Se a contestación do reitorado non é considerada suficiente pola asemblea estudantil, o encerro continuará de forma indefinida. As persoas encerradas aclaran que deixan saír e entrar aos traballadores sen ningunha dificultade, non hai presenza policial e a protesta estase desenvolvendo de xeito pacífico.

www.diagonalperiodico.net

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript