Maio de 2013
 
 

20/05/2013

   CUTUDC / Novidades

  MÁIS DESIGUALDADE, MÁIS POBREZA
 

O estado español, o estado da OCDE no que máis se agravaron as desigualdades

A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) fixo público un estudo sobre os primeiros anos da crise (2007-2010) que mostra que o estado español non só é un dos estados máis duramente golpeados pola crise, senón que ademais esta agravou como en ningún as diferenzas de ingresos entre os que máis e os que menos teñen.

 

  • Noticias relacionadas

 

O texto mostra que entre 2007 e 2010 o estado español foi onde máis marcada se fixo a diferenza entre as rendas dispoñibles de ricos e de pobres: case un 3% de aumento neses anos, a moita distancia do seguinte país (Eslovaquia, cun 1,4%). De feito, centrando a mirada nas diferenzas entre o 10% máis rico da poboación e o 10% máis pobre esa brecha ensanchouse moito máis: ata un 13%. En ningún dos outros 32 países examinados hai unha diferenza tan grande.
 
O aumento das desigualdades e a caída nas rendas ten como consecuencia un aumento da pobreza, de novo co estado español entre os estados que máis a sufriron: en comparación cos niveis pre-crises (de 2005) a pobreza escalara no estado español un 5,1% ata 2010, un aumento só comparable ao de Grecia (tamén un 5,1%).
 
O estado español tamén ocupa os primeiros postos en aumento de pobreza relativa entre os fogares con nenos (cun aumento do 3%) e entre os mozos (que subiu un 5%).

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript